Recadeiros

concello baionaCando todo o mundo daba por sentado que o señor Almuiña era un home de palla do señor Simóns, va e resulta que é ao revés. Ezequiel Simóns, presidente de ACEBA, pola gracia e vontade maioritaria dos comerciantes e empresarios baioneses, sae en defensa do Concello e atacando á Xunta. Nótase que estamos en campaña. Habería que preguntarlle aos socios de ACEBA se se consideran representados por un órgano que se emprega políticamente, cara un lado. Claro que si ese lado é da mesma cor que un mesmo, igual molesta menos.

A estas alturas da historia, culpar a Patrimonio de falta de axilidade semella un acto de demagoxia sen igual. Calqueira propietario do Casco Vello sabe perfectamente que a Xunta o calificará como Área de Rehabilitación Integral en canto se aprobe o PEPCHAB. Iso supón subvencións á rehabilitación e acondicionamento, non sendo preciso informe de Patrimonio, sempre que se sigan as indicacións marcadas polo Concello. Logo, ¿non será que o retraso na aprobación dese texto atranca a rehabilitación dos inmobles? O Concello de Baiona acadou a consideración de Conxunto Histórico Artístico para o Casco Vello hai máis de dez anos e a día de hoxe non se aprobou un Plan Especial, sobre todo pola torpeza do Alcalde daquela, o benquerido Manolo Vilar, que encargou unha redacción a un equipo incompetente, tendo que voltar a iniciarse o proceso sendo xa Alcalde o señor Almuiña.

Tamén esixe o Presidente de ACEBA que se realice unha maior inspección técnica. Resulta que ésa é unha tarefa dependente da concellería de Urbanismo, que dirixe a súa filla. Se non ten enlace directo aquí, entonces o señor “Quelito” non manda no PP nin unha décima parte do que supoñamos todos. Xa hai tempo, aló polo Xullo do ano pasado que consideramos necesario que Baiona cedese as tarefas de inspección urbanística á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. O equipo urbanístico do Concello non pode atender todas as demandas que recibe como para poder realizar unha tarefa permanente de inspección urbanística. Simplemente ten que delegar esas funcións nesta Axencia, dependente da Consellería de Política Territorial. Ao Goberno Municipal lles viría de perlas que cando alguén lles viñese a decir: “o meu veciño está a obrar ilegalmente”, espetarlles: “iso é cousa da Xunta”. Alá que non se aforrarían problemas. O que non se pode argumentar é que non se realiza inspección por falta de tempo ou persoal.

En favor do Alcalde debemos decir que non é totalmente culpa del non ter aprobado xa o Plan Especial de Protección, pero ben sabe cal é a pata que coxea na súa mesa.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota