Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Dúas novas seccións

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

sábado, febreiro 9, 2008

Dúas novas seccións

bcA partires desta fin de semana, Baiona Consciente adicará os Sábados e os Domingos a dúas novas seccións. Pensamos que adicarse a reflexiaonar sobre os problemas do noso concello xa é suficientemente agotador de Luns a Venres, como para ter que continuar na fin de semana.

Incluso os Domingos sempre preferimos tomarnos un descanso para retomar o traballo os Luns. A partires de agora non será así.

Os Sábados terán unha exclusiva adicación á nova sección denominada: Veciños e non tan veciños. Unhas veces, coma hoxe, enlazaremos e subiremos artigos atopados noutras webs que fagan referencia a problemas ou sucesos acaecidos fóra do noso concello, outras veces simplemente reflexionaremos nós mesmos sobre novas de actualidade en xeral, como as declaracións de políticos autonómicos ou nacionais que nos poden afectar máis ou menos directamente. Hoxe imos comezar cun artigo do concelleiro de medio ambiente de Nigrán, Juan José Hermida, ao fío do que tiñamos falado sobre o artigo do pasado Luns publicado no Faro de Vigo, tildando á Axenda 21 de utopía.

Os Domingos, tradicional día de descanso imos adicalos a unha nova sección denominada: Vídeos e reflexión. Nesta sección recolleremos vídeos que circulan pola rede e que levan á reflexión sobre problemas que a todos nos atañen.

Agardamos que estas novas seccións sexan do voso agrado e sirvan para aumentar o grao de participación dos nosos visitantes. Non queremos perder esta ocasión para voltar a lembrar que a participación en Baiona Consciente non só está aberta no debate a través de comentarios das anotacións. Todo aquel que considere que ten un artigo digno de publicarse pode remitilo a baionaconsciente@gmail.com e estudaremos a posibilidade de incluila como anotación dun día. Iso si, lembrade a única condición: os autores deben ser anónimos.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:24  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress