Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Parque temático

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

luns, febreiro 25, 2008

Parque temático

pinzonIso é no que se irá convertindo Baiona pouco a pouco se seguimos pola senda actual. Esta semana sería a xornada de portas abertas, con saltimbanquis e atraccións para pequenos e maiores. ¡¡¡Benvidos ao parque temático do Descubrimento de América!!!

Son rúas, colexios, monumentos e, dentro de pouco, museos. Seica Baiona non existira antes de que o Señor Pinzón se perdera torpemente e caera ao noso porto, grazas a un dos navegantes que era da zona, seica dín algúns.

Toda esta historia valeu para que algúns neo-cultureta mirase o filón do tema e se apuntase a escribir algún  libro e a vivir do conto de cobrar unha boa suma por facer a labor dun concelleiro.

Independentemente do debate que poda suscitar o feito de que o intrépido Colón non fora o primeiro europeo en pisar terras americanas ou mesmo que sí que sabía exactamente cara onde ía, pero se montou a historia das Indias para poder financiar o seu viaxe.

Non sabemos porqué pero a mentira sempre produce máis riqueza que a verdade, quizáis sexa porque estamos no lado dos mentirosos pero listillos.Benvidos a Occidente, a cultura basada no egocentrismo e a mentira:

- Colón descubriu América. Igual América foi a que descubriu a Colón. Os vikingos non deben ser europeos.

- O maior xenocidio da historia foi o holocausto xudeu e non a cáseque aniquilación dos nativos americanos.

- Deus existe e o único e verdadeiro é o que fala co Papa (iso sí non se debe aclarar moito as ideas, porque ao anterior díxolle que o Inferno non existía e con éste voltou a a abrir as portas, igual estaban de reformas).

O máis triste de todo é que, estando Baiona involucrada nesta mentira e vergonza, nin tan siquera saimos nos libros de Historia como o primeiro punto xeografico europeo que tivo coñecemento da existencia doutro continente. Máis non valdría gastar os cartos para se reforzase ese feito (a pesares de seren en sí mesma unha mentira) e non pagar unha burrada de cartos para que alguén coordine a colocación duns papagaios e campos de millo na Casa Consistorial.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 12:32  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress