Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Vellas pedras, mesmos erros

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

xoves, febreiro 28, 2008

Vellas pedras, mesmos erros

outeiro dos lameirosComo se nota a ausencia de Nely Pillado no Faro de Vigo. Desde que está de baixa por maternidade o seu substituto non fai máis que meter a zoca con maior ou menor grao. Se primeiro foi denominar a Axenda 21 como utopía, agora é colocar os petroglifos de Outeiro dos Lameiros en Baiña.

Claro que ese erro aínda se pode xustificar, poruqe mesmo o Concello o cometeu no monolito situado na entrada de Baiona e os redactores do Plan Xeral seguíronlles o camiño. Deberán rectificar as fichas do Patrimonio Cultural relacionadas coa maioría de petroglifos incritos en Baiña.

Ás veces, cando non hai nada que pór na prensa, dásenos por dar reviravoltas a asuntos vellos e como non son de actualidade, pensamos que non fai falla contrastar opinións. Éste é o caso, lamentablemente.

Mesmo os locutos de "La Rosa de los Vientos", da cadea Onda Cero saben exactamente ónde están e os visitaron, pero a maioría dos baioneses non saben siquera da súa existencia. Soñamos con visitar impresionantes monumentos do extranxeiro e nin tan siquera valoramos o noso. Diglosia cultural.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 18:45  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress