Prepárense señores
Estamos na víspera da Festa do Primeiro de Marzo. Deixen os seus coches convenientemente aparcados, prepárense para coñecer o significado real do termo "marabunta" e non dubiden que os efluvios alimenticios e alcohólicos da Festa chegarán ata as súas fosas nasais.
En época de crise, non lle virá mal a nadie tirar beneficio da cantidade de visitantes que teremos durante a fin de semana. ¡¡Pero a qué prezo!!
Non podemos deixar de salientar que parece ser que desta vez no Casco Vello non se vai permitir a venda de bebidas alcohólicas e que se vai a seguir co costume de permitir soamente a venda de alimentos na Praza de Santa Liberata. Outras cousa será que logo se cumpla coa norma. É triste que unha festa coma ésta se teña convertido nos últimos anos nunha especie de festa gastronómica onde impera o cheiro a porro e licor café, en troques de ser unha feira de artesanía e recuperación do tradicional. Será o espírito galego que nos induce a relacionar a festa con ter o bandullo cheo e ben regado con viño.
Non podemos esquecer que a Festa da Arribada non ven a ser máis que un plaxio tremendo da Festa Medieval de Ribadavia. Por certo que alí tamén se lles chegou a ir das mans o asunto. En fin, que disfrute o que queira e o que non que se tome uns días de vacacións.
chuzame - 
