Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » 2008 » Marzo

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Domingo, Marzo 30, 2008

Sostenibilidade

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 8:36  

Sábado, Marzo 29, 2008

A nova lei da paisaxe

paisaxeNova obtida en Vieiros.

O Goberno aprobou este xoves o proxecto de Lei de protección da paisaxe de Galiza, que se encargará de crear os instrumentos precisos para a conservación e a delimitación da paisaxe, que terá recoñecemento xurídico. O proxecto, elaborado pola Consellaría de Medio Ambiente, servirá de marco de referencia para todas as lexislacións que poidan alterar dalgún xeito as paisaxes, principalmente as de alto valor natural e cultural.
(máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 9:53  

Venres, Marzo 28, 2008

Chegou o Emir

emir touriñoPois parece que o novo Emir das Terras Galegas vainos visitar. Multitude de policías, operarios limpando as rúas en día de choiva e máquinas traballando a reo para asfaltar as tan bacheadas rúas de entrada a Baiona.

¿Seica ven visitarnos o Rei ou que? Pois non, resulta que o Presidente da Xunta é a tan insigne figura que vai ter a honra de pasarse pola nosa vila (¿ou era ao revés?).

Algúns pensabamos que as pompas e preparativos que antecedían á figura do Señor Fraga eran xa anécdotas do pasado. Que desengano tan tremendo. Outra vez será.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 21:51  

Xoves, Marzo 27, 2008

Se nada cambia…

pxom baionaO vindeiro Pleno debería de ser o primeiro Xoves do mes de Abril, quer dicir, o 3 de Abril. E, segundo se dí, o prazo de entrega por parte da Xunta dos textos do PXOM se esgotaba logo da Semana Santa. ¿Sorprenderanos o Goberno Municipal coa aprobación provisional do PXOM para a súa exposición neste Pleno ou na Xunta o tema dos plazos é unha cousa irrelevante? (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:30  

Mércores, Marzo 26, 2008

Inseguridade, e van…

atropelloHoxe nos enteramos de que novamente se produciu un atropello na Avenida Monterreal. Os datos non nos permiten aclarar se foi por causa da invasión da calzada por parte do peón ou se trata dun novo caso de perigo nos pasos sinalizados.

O caso é que xa tiñamos falado do problema e desde o Goberno Municipal siguen sen aportar solucións. ¿Canto tempo temos que agardar para que se realice unha actuación ao respecto? (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:30  

Martes, Marzo 25, 2008

Peixe, peixiño

praza abastos baionaE siguen os comerciantes da praza de abastos cos seus problemas. Se non é unha cousa é outra. Primeiro a venda ambulante, que sigue sen solucionarse por inacción do Goberno Municipal e agora as sempre molestas obras. ¿Ten futuro a praza de abastos como tal? (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 11:58  

Luns, Marzo 24, 2008

Sabarís R.I.

sabarisA pequeña reseña que onte apareceu no Faro de Vigo semella a típica que se publica para enches ocos, pero nos pode levar a algunha reflexión.

Logo da saturación urbanística producida no casco urbano de Baiona, a presión constructiva foise desprazando progresivamente cara a Sabarís. (máis...)

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:09  
Seguinte páxina »

Xestionado con WordPress