Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Sabarís R.I.

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

luns, marzo 24, 2008

Sabarís R.I.

sabarisA pequeña reseña que onte apareceu no Faro de Vigo semella a típica que se publica para enches ocos, pero nos pode levar a algunha reflexión.

Logo da saturación urbanística producida no casco urbano de Baiona, a presión constructiva foise desprazando progresivamente cara a Sabarís. Os promotores e especuladores fixéronse con infinidade de terreos e comezaron a desenvolver actuacións urbanizadoras. Pero resulta que chegou o parón inmobiliario e, novamente, tócalle o marrón a Sabarís. Vemos obras paradas, unhas porque o promotor de turno está de "vacacións pagadas polo Estado", outras porque o momento no sector non obriga precisamente á rapidez na execución das obras.

¿Quen paga o pato desta situación? Pois os veciños de Sabarís. Aqueles que xa venderon frótanse as mans. Non tanto aqueles que optaron por recibir beneficios en permuta, poden quedarse sen nada se non estableceron nengún tipo de dereito de superficie. Os veciños que realmente sufren o problema son aqueles que queren seguir vivindo na súa parroquia e non poden chegar aos niveis de prezos que se establecen para os demandantes de segunda residencia.

Ainda por riba, a maioría do que se contrúe faise sen locais comerciais, polo que a eterna dependencia de Baiona obriga a depender do coche, agravando o problema de tráfico do casco urbano. ¿Pénsanse nestes problemas cando se redacta un Plan Xeral? Logo o parcheo de licitar un aparcadoiro soterrado é desastroso, sobre todo se o que queremos é reducir o consumo enerxético. ¿Ou iso no é un problema noso?

P.D.: R.I.= Republica Independente (ansias soberanistas hainas en todos os lados, irónicamente, claro).

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:09  

1 Comentario »

  1. Muy interesante reseña la del pasado domingo en Faro de Vigo. En ella se habla de 700 nuevas viviendas en Sabarís … preguntas: ¿figuran en el PXOM estas 700 viviendas? ¿Y otras viviendas de reciente construcción?

    Comentario por Diego — 26 marzo 2008 @ 12:08

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress