Peixe, peixiño
E siguen os comerciantes da praza de abastos cos seus problemas. Se non é unha cousa é outra. Primeiro a venda ambulante, que sigue sen solucionarse por inacción do Goberno Municipal e agora as sempre molestas obras. ¿Ten futuro a praza de abastos como tal?
Non podemos deixar de voltar a recordar oq ue sempre supuxo a praza de abastos en Baiona, ata que chegaron os pérfidos supermercados e nos mudaron a percepción da compra. Era moi fermoso entrar na praza, fora ésta, a provisional onde agora está Caixanova, a primeira ou mesmo a de Sabarís. Aquela marabunta de comerciantes e clientes, co seu conseguinte bullicio mostraba unha actividade inusitada e que hoxe non é máis que morriña doutros tempos en mente de molestos vellos que cuidan dos seus netos.
¿Porqué chegamos a este punto? Parte de culpa non lles falta aos propios comerciantes, que sempre tiveron a fama de tramposos e manipuladores. Vender peixe en mal estado ou variar prezos segundo o cliente eran prácticas duns poucos que perxudicaron á maioría. É triste observar como a peixería dun supermercado traballe tanto nun pobo mariñeiro. ¿Ou é que xa non nos poden ter por tal?
chuzame - 
