Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Inseguridade, e van…

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

mércores, marzo 26, 2008

Inseguridade, e van…

atropelloHoxe nos enteramos de que novamente se produciu un atropello na Avenida Monterreal. Os datos non nos permiten aclarar se foi por causa da invasión da calzada por parte do peón ou se trata dun novo caso de perigo nos pasos sinalizados.

O caso é que xa tiñamos falado do problema e desde o Goberno Municipal siguen sen aportar solucións. ¿Canto tempo temos que agardar para que se realice unha actuación ao respecto? ¿Estamos agardando a que comece a conta de mortos para entón rasgarnos as vestiduras, facer unha manifestación e gastar moreas de cartos en estudos de seguridade?

Agora semella que é máis importante arranxar "A Milla de Ouro" e regular o Casco Vello. Temos un Concello que funciona coma un 600 en mans dun novato, a tiróns. Concelleiros coa "L" nas costas dilúense ante as figuras do Alcalde e o seu Escudeiro Real. Lamentable, mais é o que Baiona quere (ou iso din os resultados electorais).

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 13:30  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress