Torpezas políticas
Agora resulta que nos enteramos que o señor Alcalde ía camiño de Santiago (que xa ten inri que o Presiente de Portos teña o despacho en Santiago) para falar co Presidente de Portos e deu media volta cando se enterou do cartel na Doca. ¿Pero non sería máis lóxico continuar a viaxe e pedir explicacións en persoa?
Pensándoo ben, foi todo un detalle pola súa parte a deferencia que tivo cos grupos da oposición, porque poidendo vender o carácter negociador e defensa dos intereses de Baiona, preferiu ceder o protagonismo a todos os grupos do concello e, finalmente como sempre desexamos, un tema importante para Baiona desbloqueouse co consenso de todos os grupos.
A Doca non voltará a ser tema de controversia, todos aqueles que tiñan posta a súa mirada na súa explotación quédanse coas ganas e todos poderemos gritas ¡¡A Doca é nosa!!
O feito nos aportou outro dato que levabamos tempo demandando, os prazos do PXOM. Segundo o Señor Almuiña o procedemento de aprobación inicial comezará no último trimestre do ano. Xa que logo, pasará o Verán sen iniciarse a fase de alegacións. Aburridos estaremos de repasar os planos e textos do mesmo. Agora só nos falta que se aprobe o PEPCHAB, documento tan atrancado como o Plan Especial de Portos.
chuzame - 

Nesta ocasión o alcalde quitaronlle a bandeira da revolución,a oposición estivo hábil,pero ainda queda moito camiño por andar, non seria de extrañar que aprobeitara a minima para convocar novamente outra manifestación, ir ,de victima e o del.
Comentario por xocas — 8 abril 2008 @ 22:05