Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Actividade opositora

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, abril 11, 2008

Actividade opositora

oposicionSe os fedellos da internet nos permiten falar hoxe (a anotación de onte perdeuse no limbo ata que a recuperamos), poderemos estar á par dos grupos da oposición de Baiona. Non sabemos se esta labor é coordinada. Ou iso ou é que cada ún vai ao seu.

Namentres o BNG se ocupa de Correos e a Feira de Abril, o PSOE fala da Praza de Abastos e o Casco Vello. Hai un punto de encontro no tema de Portos (exactamente encontro non é).

Agora ao PSOE éntralle a presa co PXOM. Ben nos podían decir desde a Consellería cal é a situación do Plan. Ou os membros do PSOE baionés saben algo e non o queren decir para sacar tallada mediática e electoral, ou non existe comunicación cunha Consellería afín e cunha Delegada Provincial baionesa e quérese disimular ese desencontro. Namentres non se dea o lamentable espectáculo de Vigo, conformes nos quedaremos.

Desde o Concello óbrase con cautela a respecto do PXOM, pero o da Comisión Sectorial comeza a cheirar raro. Non se voltou saber nada máis do tema e a xente anda inquieta. Moitos sábense de memoria como vai quedar a súa finca, outra cousa é que lles guste cómo quede, por iso non lles da chegado a hora de presentar alegacións.

Esta tensa espera non e bo para unha correcta aprobación do texto urbanístico. A tensión nunca é boa, aínda que valga para gañar eleccións.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:49  

6 Comentarios »

  1. Toos tranquilo. La feria de abri nos va alegra er día. En Baiona no hai galleguiños, hai muuxo aficionao ar baile, la seguidilla y la soleá, er finito y la guena vida. !Arsa el salero que io tengo¡
    Que vos parece o tema. Meterlle a xente tres días de feira andaluza e , perante todo o ano nada, nengún referente ao noso.
    Así nos vai.

    Comentario por Quillo — 11 abril 2008 @ 13:05

  2. O cobarde non quita ao valente. Calados cando non se fai e activos cando sí.

    Queremos saber a alternativa que outros presentan para a organización de actos fóra do periodo estival.

    Comentario por baionaconsciente — 11 abril 2008 @ 13:28

  3. ¿Por qué trasladáis el debate del PXOM fuera de Baiona cuando todavía no hemos tenido ningún tipo de debate en Baiona? ¿Conoce alguien la opinión del PP en relación al documento inicial?

    Me voy a autocitar:

    “…Y con relación a la exposición de ayer decir que salí de ella igual que entré sin saber cual es el proyecto de pueblo del PP…”
    (Baiona Consciente / 19 de diciembre de 2007)

    Casi cuatro meses después sigo igual. Y no parece probable que cambie la situación.

    Comentario por Diego — 12 abril 2008 @ 11:48

  4. haber si nos vamos enterando,o documento do PP e o que presentou o equipo redactor,ou acaso foron eles os que marcaron as directrices e a linea politica do plan?

    Comentario por xocas — 15 abril 2008 @ 21:50

  5. Xocas, es que esto del PXOM debería ser algo más serio. No tenemos que andar a suponer nada.Es más, el alcalde en la presentación pública del plan se desmarcó del mismo; y ya va siendo hora de que diga personalmente (pena de no poder subrayar personalmente) que le parece el docuemento ¿no?

    Comentario por Diego — 16 abril 2008 @ 7:42

  6. Nun mundo imaxinario no que é o que a Lei dí, suponse que o Concello encarga a un equipo redactor a redacción dun Plan Xeral, o Concello o recibe e emite as súas opinións e de ahí sae unha proposta que vai a Pleno e que é a que asume o equipo de goberno.

    Pero resulta que en Baiona se convoca unha Comisión Sectorial para debatir sobre a proposta do equipo redactor e non voltamos a saber nada do tema ¿Cando se convocan? ¿De qué se fala nela? Unha proposta que se supuña transparente non deixa de ser máis cunha cortiña de fume. E os grupos da oposición calados ¿Para cando un balance do presentado? ¿Cál sería a alternativa se gobernase o PSOE ou o BNG? ¿Da medo decir o que se pensa?

    Comentario por baionaconsciente — 16 abril 2008 @ 12:08

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress