Benestar baionés
Alá polo pasado mes de Outubro xa tiñamos comentado que a opción perfecta para Baiona era integrarse na rede galega de galescolas. As razóns xa as expuxemos naquela anotación e o tempo deunos a razón.
Nengún Alcalde con cinco sentidos podería negarse a que a Administración Autonómica xestionase o funcionamento dunha gardería que somentes tiña como opción a concesión en concurso público. Alguén tentou introducir o vello pantasma de "a ver en mans de quen deixamos a educación dos nosos fillos" ou o de "¿E non lle irán a falar somentes en galego?". Afortunadamente o noso Alcalde non se atopa entre eles e actuou correctamente.
Son discursos tan patétitos e sin sentido algún que que se pretenda xerar debate entorno a eles produce máis sonroxo que preocupación.
O feito é que en Galicia estase artellando unha rede de servizos sociais como nunca se tivera pensado, que hai a quen lle molesta porque fai ver que a Administración está ao servizo do cidadán e non á inversa. E isto non é unha gabanza á xestión da Vicepresidencia da Xunta. Simplemente estase a facer o que se ten que facer. Non é unha revolución o feito de que se doten de servizos aos cidadáns, o revolucionario é que se faga con normalidade, fóra de toda demagoxia.
Alcaldes populares, socialistas e nacionalistas adscríbense ao Consorcio porque saben que é bo para os seus cidadáns. Lamentablemente uns poucos teñen que dar a nota e antepór os intereses partidistas aos dos seus representados, curiosamente moitos deses irresponsables alcaldes non eran populares senón socialistas. No PSOE sempre se lles deu moi ben lavar os trapos sucios na casa, ainda que logo algún que outro lle estoupara na cara. Sería agora un bo momento de que cambiaran de estratexia e reprenderan públicamente ao valedores da autonomía municipal, cando en ningún caso se invade, como no caso das normas do hábitat ou a lei dos 500 metros (ésa non a recurriron), pero iso xa é un debate que deixaremos para outro día.
Debemos ter claro que os bos políticos son os que dotan de servizos e benestar aos seus cidadáns, veñan de donde veñan os mesmos, sen sectarismos. Malos políticos son aqueles que pechan as portas ás inversións porque pode redundar un beneficio electoral nas filas doutro partido que non sexa o dun mesmo. No caso do Centro de Día e a Galescola, o PP baionés e o BNG da Xunta actuaron con responsabilidade, fóra de partidismo. Saudamos a normalidade institucional que isto supón.
chuzame - 

[…] Municipal. Nembargantes, os puntos da orde do día xa eran temas dabondo tratados neste blogue: O consorcio e as normas de hábitat. Aínda que falar das normas do hábitat e da situación do problema da […]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Resaca do pasado Pleno — 15 Maio 2008 @ 16:12