Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Oposición festeira

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Xoves, Abril 24, 2008

Oposición festeira

gaitaPois resulta que a alguén se lle ocurriu a brillante idea de facer unha festa opositora á Feira de Abril. Haberá que ver en qué desencadea isto, agardamos en que non sexa un intento por reventar un acto organizado polo Concello e se quede en ofertar unha alternativa á oferta municipal existente, outro modo de ver as cousas, pero que non socave a libre elección de cada quen.

Non podemos deixar de sinalar que detrás desta Asociación Cultural que xurde para celebrar un serán á beira do mar non cabe dúbida que está a man do BNG, sobre todo porque a comunicación chegounos a través do mesmo enderezo electrónico que outras comunicacións dos nacionalistas.

Quizáis sexa unha boa ocasión de ver cal é a alternativa á Festa da Manzanilla e o bailoteo que nos propoñen os nacionalistas. Ou quizáis estea mellor decir, "algúns" nacionalistas.

Adxuntamos o comunicado da Asociación Ximbaleu e cada quen que tire as súas conclusións.

SOBRE A IMPROCEDENCIA DA FEIRA DE ABRIL EN BAIONA

Os días 25, 26 e 27 de abril de 2.008 a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), o Concello de Baiona e Escola de Flamenco de Baiona están a preparar a 1ª Feira de Abril en Baiona remedando a aquela de Sevilla. Segundo se fala por aí, pois pouco se sabe, serán tres días de actividades con carrozas de cabalos, música ambiental, xa sabedes de cal, actuacións nun gran toldo,casetas,.... nun gran esforzo da Concellería de Cultura do Concello de Sevi.., perdón Baiona.
Está ben que a Escola de Flamenco de Baiona mostre os seus bailes como fan outras escolas de baile de Baiona, ou os alumn@s de tai-chi ou as magnífic@s costureir@s que fan traxes para a Arribada. O que parece non estar ben e que se lle dediquen tres días a esta festa cos cartos do orzamento da cultura do concello e dos que aportan comerciantes e empresarios á súa asociación.
Claro que é necesario dedicarlle unhas horas á Escola de Flamenco, ninguén o dubida, para que os seus membros, dirixidos por esa grande profesional que é Tatiana, a neta de señora Amelia A Curuxeira, mostren as súas habilidades bailaoras.

Poderíamos entender esta festa no medio dun maremágnum de expresións de distintas culturas, pero sempre prevalecendo a nosa. O problema xurde cando os rexedores do noso benquerido Concello organizan no propio Día das Letras Galegas a Festa da Bicicleta, non haberá días no ano!, no canto de adicar ese día, esa semana e todo o ano, a actos lembrando a figura de Xosé María Álvarez Blázquez, con vinculacións miñoranas e incluso baionesas. Tamén se podería o Día das Letras artellar unha Feira do Libro, dentro da rede de Feiras Culturais, ademais subvencionadas pola Xunta (ollar DOG 9/abril/2008).

Ou cando pretenden que o futuro Museu de Baiona se convirta nunha pequena Casa das Américas esquecendo toda a inmensa cultura mariñeira do noso pobo. En fin, son necesarios actos que pulen pola nosa cultura, actos que pulen por Baiona.

Cremos polo tanto que é unha irresponsabilidade social e cultural a organización desta Feira. Non esquezades, gobernantes, comerciantes e empresarios que os mariñeiros de Baiona manteñen viva logo de máis de 500 anos a Danza das Espadas expresión gremial enorme, chea de forza e aproveitando isto organizar, por exemplo, unha xuntanza encontro ou se queredes chamádelle feira de danza de espadas da Península Ibérica. Acordádevos do noso que o tedes esquecido e abondo traballo custou manter vivo este baile orgullo dos que nos sentimos baioneses e temos claro a Baiona e O Val Miñor que queremos.

Por todo isto, cidadáns baioneses que integran a Asociación Cultural Ximbaleu, no convencemento de que a sociedade non se articula só desde a clase política senón que a súa organización civil ten moito que dicir, por isto anunciamos que en Baiona o sábado 26, desde as 12h ás 24h percorrerán as rúas e prazas da vila grupos de gaitas, pandeiretas, poetas e regueifeiros no

1º SERÁN Á BEIRA DO MAR · BAIONA`08

Baiona 26 abril 2008 ·Asociación Cultural Ximbaleu·

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:38  

9 Comentarios »

  1. Alternativa á Feira de Abril…

    Perante a moda de importar a Feira de Abril, no concello de Baiona xurde unha Asociación Cultural que propón unha alternativa: O 1º Srrán á beira do mar.

    A Asociación Cultural Ximbaleu convocou a todos os gaiteiros, pandereiteiras, poetas e re…

    Rastro (Trackback) por chuza.org — 24 Abril 2008 @ 10:54

  2. Estou dacordo coa iniciativa pero eso non evita que o concello financie durante 3 días a exaltación dun folcrore extranxeiro. Todo isto é un agravio comparativo tremento se temos en conta que nosa música e danza tradicional está condeada a malvivir no noso propio País.

    Non sabemos apreciar o que temos, seguimos pensando que o de fóra é mellor que o noso. Que vergoña!

    Comentario por Chínfano — 24 Abril 2008 @ 13:30

  3. E o día das letras galegas todos a montar na bici… cagho n cona, voume ter que exiliar!

    Comentario por Baionés — 24 Abril 2008 @ 16:48

  4. manda carallo con estos peperetes,de seguro que para o mes de xullo temos un san fermin,xa me estou imaxinando os astados correndo por ventura misa detras da kiska con ese mini sort bermello e de fondo marcando o tanga negro que leva sempre,logo apareceremos na tele nos programas de imaxenes insolitas, e mortadelo lanzando o chupinazo.

    Comentario por xocas — 24 Abril 2008 @ 22:34

  5. O que quiera manipular este tema políticamente que o faga pero eu como cidadá o único que penso e que 3 días de festa para unha festa sen nengún tipo de tradición nin senso en Baiona é de tolos.
    Se o final, resulta que limítase a actuacións día e noite do grupo ese de Baiona que baila sevillanas e cuia coreógrafa aparece máis con cartel que a palabra feira, que xa é dicir.
    Non hai gardería, o auditorio da pena, nontepoñasmaloquemorres, non hai cartos para máis limpeza pero….antes o autobús de Chicho e agora….¡¡¡ FERIA DE ABRIL Y OLÉ!!!
    ¡¡ Manda Baiona!!

    Comentario por manda baiona — 25 Abril 2008 @ 8:41

  6. Supoño que convidarian os embaixadores de Andalucia en Galicia, e dicir, a Torito e a Villarino, para deixarnos en ridículo de novo co hino galego (flamenco). Ainda estou a espera de ver o hino andaluz a ritmo de muiñeira. Os españolistas de Galiza sempre pioneiros no ridículo.

    Comentario por cachingas — 25 Abril 2008 @ 8:47

  7. […] Baiona Consciente. chuzame - […]

    Aviso (Pingback) por BNG Baiona » A polémica está na rúa. — 25 Abril 2008 @ 9:15

  8. Na maior parte das cousas si estou de acordo con vos, pero ainda así tamén teño bastantes críticas…Onde estaban todos os traxes rexionais de todas as persoas que estabades a facer o serán? Quedaron no armario da casa para coller polilla ou que?
    Tampouco estou de acordo en que sempre teña que politizarse todo e que ainda por riba os politicos que estaban detras de todo isto, o final nunca dan a cara…Ondo estaban todas as persoas que participaban no serán cando a Escola de Danza Vila de Baiona se foi a pique?? Seguiria dando a miña opinión pero creo que estaría en desacordo toda a vida asique espero a vosa resposta.Taloguiño.

    Comentario por Baiones 100% — 28 Abril 2008 @ 9:58

  9. Grazas a valminor.info por chuzarnos e ao BNG de Baiona e a www.ciberirmandade.org por referenciarnos.

    Comentario por baionaconsciente — 29 Abril 2008 @ 13:25

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Xestionado con WordPress