Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Baiona con Amadeo e Ángel

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Venres, Abril 25, 2008

Baiona con Amadeo e Ángel

AmadeoÁngelQuizáis nestes intres de revolución cultural que semella vai vivir Baiona esta fin de semana, con dúas formas de ver a cultura e inclusive a política tan diferenciadas e antagónicas, debería xurdir unha terceira vía que serena os ánimos e nos mova á reflexión.

Non queriamos falar de Amadeo e Ángel ata saber que estaba ben e coas súas familias, pero o tempo pasa e eles siguen secuestrados por mercenarios extorsionadores.

E resulta que nin se anula a Feira de Abril nin ese contestatario Serán á Beira do Mar. ¿Qué pasaría se unha banda terrorista tivera secuestrados a Jesús Vázque Almuiña e a Rafa Lores? Por pór un exemplo. Esta fin de semana somentes poderiamos sair á rúa á manifestación convocada por todos os grupos políticos, falariamos nas rúas de que é unha salvaxada reter en contra da súa vontade a dúas persoas que nada fixeron para merecer tal tormento e moito menos as súas familias.

Pero claro, é que Amadeo e Ángel non son políticos, o secuestro é moi lonxe das portas das nosas casas e os secuestradores non son nacionalistas radicais. Pois nas casas das familias destes dous mariñeiros o drama é tan duro que en canto escoiten sevillanas ou gaiteiradas preguntaránse cómo pode haber alguén con ganas de festa cando hai dous baioneses que se están xogando a vida polo simple feito de estar a traballar. E logo dirán que o peixe anda caro.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 9:48  

5 Comentarios »

  1. Excelente entrada. Non hai nada mais por engadir.

    Comentario por Baionés — 25 Abril 2008 @ 11:13

  2. Certo é que o rebumbio cultural que se creou nestes días en Baiona por motivo da Feira de Abril, deixou nun segundo plano esta situación.
    Somos moitos os que estamos a seguir minuto a minuto a evolución desta situación, o Portavoz Municipal do BNG, Xose Enrique Fernández xa se ten posto en contacto cos familiares e a Deputada no Congreso Olaia Fernández, ademáis de iniciar xestións no Congreso, tamén se ten posto en contacto cos familiares, para bridarlles toda a axuda que precisen.

    No BNG xa tiñavamos pensado facer algún tipo de acto (Concentración, Manifestación,…) esta fin de semana, pero por expreso desexo dos familiares, que prefiren agardar a que pase o fin de semana non se fará nada.

    Dende o BNG antetodo, o que queremos e respetar as decisións dos familiares. E non queremos facer nada sen ter antes o seu consentimento.

    Comentario por Roberto — 25 Abril 2008 @ 12:37

  3. Dúas familias preocupadas e Baiona de festa…

    Unha importante reflexión. Dous veciños de Baiona dentro do atuneiro Playa Bakio secuestrado por piratas somalís. E Baiona celebra tres días de festa da Feria de Abril.Que pasaría se unha coñecida banda terrorista secuestrase ao alcalde da vila o…

    Rastro (Trackback) por chuza.org — 26 Abril 2008 @ 1:56

  4. A verdade é que me sinto avergoñado. O concello debeu suspender o acto en sinal de respeto e de apoio.

    Comentario por Pedro Telmo — 26 Abril 2008 @ 2:03

  5. Son muller de mariñeiro.e non estou para gaitas nin castañuelas,hoxe foron eles mañan pode ser meu marido,sintome triste e defraudada con o meu povo,animo AMADEU E ANGEL ESTOU CON BOS

    Comentario por begoña — 26 Abril 2008 @ 8:26

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Xestionado con WordPress