Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Tarde piaches

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

mércores, abril 30, 2008

Tarde piaches

NOVATAUn pouco a destempo se desmarca o PSOE da Feira de Abril, pero nunca é tarde si a opción é a correcta, pensarán aqueles que levan tempo criticando os tres días de fervor rocieiro.

O Goberno Municipal quédase só defendendo unha desproporcionada festa que somentes contentou ao grupo de danza que, presuntamente, solicitou a organización de tan magno evento.

Nós preguntámonos ¿si un grupo tradicional galego solicita a organización dun acto en Baiona, conseguiría o Concello unha carpa e organizaría tres días de romería?

A nadie se lle escapa que esta Feira de Abril se celebraba en Gondomar cando gobernaba o PP e que tamén se fixo en Pontecesures e algúns concellos máis  gobernados polos populares. Se sumamos dous máis dous, danos catro, o miremos como o miremos.

Engadimos á ecuación o feito de que ser repartan 21.000 € entre TODOS os colectivos e asociacións culturais e deportivas de Baiona e o resultado é unha ausencia total de criterio ou política cultural por parte dos que nos gobernan.

Claro que si analizamos o curriculum da nosa querida concelleira de cultura, temos que concluir que a pobre aínda anda coa "L" ás costas e habería que darlle algo de tempo para que colla rodaxe. Humildemente dámoslle un consello, que colabore coas organizacións culturais de todas as parroquias e terá todo o traballo feito. ¿Sóalle á concelleira o concepto "Consello Sectorial da Cultura"?

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:43  

1 Comentario »

  1. En Gondomar aínda foi peor aínda o agravio xa que, que eu saiba, non existe escola de flamenco algunha, as asociacións participantes eran de Vigo e arredores. Quen si estaba moi interesada era Rosita Cristaleiro, por certo, non andaría por Baiona tamén?

    Comentario por Chínfano — 30 abril 2008 @ 17:04

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress