O PEPCHAB a escea (e 2)
Pois semella que no Concello as cousas avanzan paseniñamente, pero avanzan. No vindeiro Pleno se levará a aprobación inicial do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona. Ése que se aprobara hai uns anos pero que estaba tan mal feito que tivemos que tiralo ao lixo e constratar unha nova redacción. Gracias Señor Vilar por tan fantástica xestión municipal.
Curiosamente o artífice de que se considerase Conxunto Histórico Artístico ao Casco Vello para logo telo sen Plan Especial máis de 10 anos agora mostra reticencias pola posible inviabilidade do Plan. Será porque non permite a "regla Vilar para o Casco Vello": Baixo máis dous e Velux verticais.
Pois si o Alcalde ten que recurrir a unha oposición responsable para aprobar o PEPCHAB, ¿qué necesidade terá o Señor Almuiña de manter ao raposo no corral? Ao final, como no caso do servizo de limpeza, todo resultará nun pequeno tira e afloxa para que o Señor Vilar siga contento e o PP siga gobernando, polo menos ata despois das Autonómicas.
No que respecta ao texto do PEPCHAB, desde o Goberno Municipal asegúrase que en breve se exporá públicamente, polo que daquela extraeremos conclusións sobre si é adecuado ou non. Non podemos esquecer que o equipo redactor é o mesmo que realizou o PXOM de Gondomar. Así que haberá que andarse con coidado.
A primeira proposta que saiu á luz é a de rehabilitar algunha pequenas casas como estudios para artistas. Si, si, non é un erro, senón léano no Faro de Vigo. A arquitecta Marián Leboreiro considera que a idea dunha Baiona artística encaixa perfectamente coa Baiona turística. Pena que non lle encaixe unha Baiona habitada ou unha Baiona mariñeira. En ningún momento se fala de realizar acordos coa Consellería de Vivenda para a rehabilitación de vivendas e posterior disposición na bolsa de aluguer, ou mesmo para que demandantes de vivenda protexida accedan a vivir no Casco Vello. Somentes un Casco Vello habitado permitiría a súa recuperación. En Vigo e Lugo xa se teñen dado os primeiros pasos e, a verdade, con bastante éxito.
En definitiva, veremos cómo se desenvolven as cousas ao redor deste texto urbanístico tan importante, os primeiros pasos apuntan a que o PP terá que lidiar con Don Manuel Vilar para tirar para adiante, pero ¿permitirían algúns que o PP se convertira nun "partido simpático" aos ollos dos nacionalistas? O acontecimentos cercanos semella que non o fan propicio, mais as declaracións responsables do seu portavoz na Voz de Galicia deixan a porta aberta.
chuzame - 

Hace unos meses ya se presentó un avance, ¿no?
No obstante, el comentario que voy a hacer no será sobre el PEPCHAB, será sobre el PP que tenemos, ¿o no? (que diría Rajoy). Resulta que sale este nuevo avance y tenemos en la prensa declaraciones del BNG, PSOE, e incluso de CMÑ, pero del PP ninguna. Ésto debería empezar a preocupar ya que acontece habitualmente con todos los temas importantes, véase PXOM. Hace un mes el PSOE sacó una nota en la que pedía conocer la opinión del alcalde y ni por esas ¿Serán mudos?
Ahora que en el PP andan moviendo de sitio los “jarrones chinos” tal vez fuera oportuno solicitar a la dirección del PP que nos envíen alguno de esos que les sobran (que son muchos). Eso sí, imprescindible que no sea mudo.
Comentario por Diego — 8 maio 2008 @ 9:11
O que se presenta é o documento a aprobar, non o avance. Logo das alegacións será xa o texto definitivo. Sigue o mesmo procedemento que o PXOM.
Comentario por Marcote — 8 maio 2008 @ 10:40
Acepto la palabra “documento” para definir lo que se presentó esta semana. Ahora bien, repito, lo que venía a decir es que hace unos meses ya se presentó un “documento” “similar” (avance, cuando menos eso figuraba en los planos)y que yo sepa el equipo de gobierno no ha dicho nada de nada al respecto al vulgo.
Un saludo,
Comentario por Diego — 8 maio 2008 @ 11:13