Cultura polas rúas
Saudamos con ledicia a iniciativa mancomunada dos tres concellos do Val Miñor xunto co colectivo Espazo Lectura.
O "bookcrossing" consiste en deixar libros polas rúas para que a xente os lea e logo os volte a deixar para que outra persoa siga a cadea. Na web os lectores van deixando o rastro de lecturas dos libros deixados.
Evidentemente os amigos do alleo non entenden o concepto desta iniciativa e prodúcense moitos "extravíos", pero continuamente editoriais e particulares fan donacións xenerosas para que a cultura siga difundíndose.
O Val Miñor entra con forza neste movemento que ata o de agora ten maior incidencia nas cidades. Alegrámonos que ademáis podamos ver a tres concellos con gobernos dispares na conformación política dos mesmos colaborando na difusión da cultura e, sobre todo, en datas cercanas á celebración do Día das Letras Galegas. Pódense seguir as actividades de Espazo Lectura no seu blogue.
chuzame - 

Non me desagrada a proposta, calquer atisbo de cultura é benvido, sen embargo creo que chega mal e tarde. Ningunha referencia “con maiúsculas” a Alvarez Blazquez en Baiona. É moi triste. No paseo marítimo xa hai un enorme cartel sobre o día da bicicleta. Así nos vai…
Comentario por Baionés — 12 Maio 2008 @ 17:09