Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Alimentando a ignorancia

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Martes, Maio 13, 2008

Alimentando a ignorancia

virxe do carmeComa todo feito salientable e notorio, o secuestro do "Playa de Bakio" trae consigo anécdotas secundarias. Neste caso trátase da devoción a unha figuriña de bronce. A da Virxe do Carme.

Resulta que cando os piratas lanzaron unha granada á ponte de mando, o único que quedou enteiro foi a imaxe da Virxe. Ergo, miragre á vista. Pronto todos conincidiron en que de non ser pola axuda da patrona non saían con vida dalí. De seguro que os piratas recibiron a transferencia divina dos cartos que solicitaban como rescate. Menos mal que o único que non se destrozou foi un "torito español" deses que se poñen enriba da televisión, porque sinón xa nos viamos sacándoo en procesión.

Respetando as crenzas persoais de cada quen, non podemos deixar de decir que en pleno século XXI xa vai sendo hora de que a xente vaia collendo o costume de deixar de recurrir a fenómenos paranormales para explicar sucesos aos que non atopamos explicación. Nin marcianos nos visitan e abducen para experimentar con nós, nen nos sumidoiros de Nova Iork crecen crocodrilos, nen hai unha figura todopoderosa que rixa o noso destino.

Iso sí, a Santa Madre Igrexa volta a sacar tallada dunha desgraza pola que non moveu un dedo cando facían falta miles de mans para que o conflicto non pasara a maiores.

Significativa é a frase de Ángel na Voz de Galicia:"Os mariñeiros non somos en xeral demasiado practicantes, pero si nos acordamos dela cando temos algún problema na mar, témola unha gran devoción". Ou sexa, cremos cando estamos nun apuro. Hai que decir que en casos de necesidade e moito máis cando se está en alta mar, calqueira axuda para conservar a calma sempre vén ben, ainda que sexa cunha mentira.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:05  

1 Comentario »

  1. A culpa e dos periodistas que dan cobertura e amplifican este tipo de pallas mentais, para convertilas en noticia, caíndo así no amarillismo.

    Comentario por cachingas — 13 Maio 2008 @ 12:33

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Xestionado con WordPress