Avanzando cara o Concello Electrónico
Na web do Concello xa podemos consultar as bases de contratación para o Desenrolo e Implantación e-servicios para a cidadanía sobre a plataforma de e-administración do Concello.
Baixo este título tan enrevesado atópase a relación cidadán-Concello vía internet. Poderemos solicitar un certificado de empadronamento, modificalo, aboar os impostos e taxas municipais, solicitar licencias, realizar consultas catastrais, solicitar certificados de estar ao corrente dos pagos, pago de multas de tráfico, avisos de convocatorias e consulta de expedientes.Xa que logo, a interacción entre a Administración e a cidadanía será moito máis áxil e evitará innecesarios retrasos na tramitación de certos procedementos administrativos.
Unha aposta decidida do Concello de Baiona polas novas tecnoloxías que saudamos con ledicia e que fai ver que non todo o que se decide no Grupo de Goberno é negativo, cousa que nas últimas datas ata semellaba que fora imposible, logo dun desastre tras outro.
O camiño correcto é éste e agardamos que se sigan dando pasos para que as vías de comunicación entre o admnistrador e o administrado sexan maiores que os habituais e subxectivos medios de comunicación privados.
Non podemos deixar de destacar que tamén se publicaron as bases para a Autorización para instalaciones y ocupaciones de temporada de verano 2008 en las playas, ou sexa, os permisos para casetas, tumbonas e pedaletas nas praias de Baiona.
chuzame - 

Sorprendentemente o servidor do Concello emprega Linux. UN tanto ao seu favor. Xa veremos cando se produce a migración definitiva de todos os equipos informáticos a este sistema operativo libre e gratuito.
Comentario por Marcote — 14 Maio 2008 @ 19:46
Eu utilicei ese servizo fai 1 ano. E sigo agardando resposta.
Comentario por Pinto — 22 Maio 2008 @ 11:33