Resaca do pasado Pleno
Debemos entonar o mea culpa e certificar que entre o Día das Letras e o PEPCHAB non avisamos con claridade que a semana pasada houbo Pleno Municipal. Nembargantes, os puntos da orde do día xa eran temas dabondo tratados neste blogue: O consorcio e as normas de hábitat. Aínda que falar das normas do hábitat e da situación do problema da vivenda é un tema pendente dende hai tempo, do que falaremos nunha futura anotación.
Dixemos a semana pasada que o Goberno Municipal levaría a Pleno a aprobación inicial do PEPCHAB e non é así. A intención é sometelo a aprobación en Comisión de Goberno e realizar unha exposición pública de dous meses para que todos os veciños o podan consultar.
Non costaba nada levalo a Pleno e que os grupos da oposición deran o seu punto de vista ao Plan Especial, pero en canto vexa a luz de seguro que saberemos as alternativas, se as hai, da oposición.
Temos que salientar que, lamentablemente, o Goberno Municipal voltou a excluir dos puntos da orde do día unha moción da oposición. Desta vez tratábase dunha do grupo municipal socialista sobre o estado das boias nas praias. O texto podemos consultalo na web do PSOE baionés.
Doblemente lamentable e que teñamos que continuar criticando as maneiras pouco limpas no xogo democrático que se practican no noso concello. Un Goberno Municipal en maioría ten medo de debatir mocións en Pleno e de levar a aprobación inicial o Plan de Conservación do Casco Vello.
Moito máis vergonzante é cando a moción dos socialistas non entrañaba nengunha trascendencia. É máis, ata poderían tela aprobado e comentar que se tomaría cumprida nota da observación e que se actuaría en consecuencia. ¿Alguén mudaría o seu voto porque un partido ou outro observara que as boias da praia estaban máis ou menos preto da zona de baño? ¿E que importancia ten que se someta a aprobación o PEPCHAB en Pleno? Polas declaracións extraidas da prensa mesmo pode ter máis visos de aprobación nun Pleno que nunha Xunta de Goberno.
Na deriva política que está a vivir o Partido Popular a nivel español semella que os populares baioneses decántanse pola vía da confrontación. Mal asunto para un partido que ten como aspiración gobernar alí onde se presente. O acercamento de posturas leva á serenidade política e ao esquecemento dos sectarismos, dun e doutro lado. ¿Acabaremos levándonos ben con alguén socialista sendo popular?, ou se tí és nacionalista ¿acabarás desterrando da cabeza a idea de que todos os que se dín populares son un retorcidos coa maldade no sangue?
chuzame - 

Hola a todos e todas.Antes de nada quero dar as grazas a/as persoa/as que tivéchedes a idea de crear baiona consciente porque os asíduos de ir a esta páxina enterámonos de cousas que pasan no noso pobo e que senón pasarían desepercibidos, ou tamén cando hai alghuna noticia que para un é interesante, leemos comentarios de diversa procedenza e sacamos conclusións.Diredes que baiona consciente xa ten tempo dabondo como para votarlle froles agora, pero é a primeira vez que escribo e penso que é de agrado dar as grazas a quen o merece.
Cambiando de tema e indo ao pleno da semana pasada, dicir que o B.N.G. levou unha moción de urxencia(porque o alcalde de Baiona esquecérase de metela no orde do día, xa que fora metida por rexistro en tempo e forma, e foi aprobada a urxencia por unanimidade)sobre a adicatoria dunha rotonda da parroquia de Sta. Cristina sita na avenida de Sabarís co cruce do Camiño Real, aos irmáns Luís López Luís e José López Luís,coñecidos como “Os Ineses” e que a continuación vou escribila tal cual se redactou:
Un dos episodios máis sanguentos da guerra de 1936 foi o que aconteceu unha mañanciña do 16 de outubro de 1936 na coñecida como Ensenada da Bombardeira, no Km 58 da estrada Pontevedra-Camposancos, e dende o tráxico suceso coñecida popularmente como”A Volta Dos Nove” onde nove persoas foron, vexadas, humilladas e asasinadas impunemente.
Vinganza era o que buscaban os asasinos naquelatriste madrugada.O desencadeante do asasinato foi a persecución de dous dirixentes da sociedade obreira de oficios varios de Sabarís:Luís López Luís e José López Luís.Irmáns, fillos de Inés Luís Mosquera e de Luís López Martínez.Pola nai eran coñecidos como “Os de Inés ou Os ineses”.Tiñan unha pequena explotación agraria mesmo fronte aos espléndidos petroglifos de Outeiro dos Lameiros.
Os dous irmáns,´Lu´s de 46 anos e José de 41, estiveran en América e regresaran con ideas progresistas e ecoloxistas.Eran vexetarianos e un deles impartía clases de esperanto aos labregos.O maior de ideoloxía socialista,o mais novo, anarquista.Ao triunfar o golpe militar agocháronse en varios lugares ata que decidiron esconderse na casa dun señor cego e maior, Ventura Pérez, coidado por Dolores Samuelle Alvarez, coñecida como Perfecta.as pescudas dos falanxistas, inspiradas polo tristemente coñecido Cabo Pena, comandante do posto da garda civil de Baiona, tiveron éxito e as sospeitas de que alí estaban Os Ineses fóronse confirmando porque Perfecta levaba moito pan e o xornal que non podía ser para ela que non sabía ler nin para o cego.
O cabo Pena e o falanxista Refojos entraron na casa e toparon os dous irmáns.Un deles disparou e feriu a Refojos que morreu dous días despois.
A Pepe matárono nunha viña preto da casa de Ventura, e a Luís contra a tapia do camposanto do cemiterio civil.
O grupo municipal do B.N.G. solicita a aprovación polo pleno da corporación de Baiona da seguinte moción:
Adicar a rotonda ou glorieta da parroquia de Sta Cristina sita no cruce da Avda de Sabarís co camiño Real aos irmáns López Luís, pasando a denominarse “Rotonda dos Ineses ou Glorieta dos Ineses” en recoñecemento a estes dous irmáns fillos de Sabarís e como dicía o Faro de Vigo do 15 de outubro de 1936:”Coñecidísimos nesta comarca pola significación extremista e desempeñando un deles o cargo de tenente de alcalde de Baiona”
Como podedes saber e vos imaxinades o P.P. e CMÑ votaron encontra da moción, aducindo que iso pasou hai moito tempo e non ten sentido porlle un nome a esa xente.
Ana Mª
Comentario por Ana Mª Rodríguez — 15 maio 2008 @ 17:35
Grazas Ana polas gabanzas, pero é algo que facía falta e non somos máis que a voz deste pobo que cala máis do debido.
Sentimos verdadeira tristura escoitar o eterno recurso de que como pasou hai moito tempo non ten sentido o recordo. Deberiamos aplicalo a moitas cousas e como o que non queremos é enfrontamentos, tiraremos pola vía da ironía.
Seica, entonces, ¿non se vai celebrar nunca máis o Primeiro de Marzo? É que iso xa pasou hai moito tempo.
O asasinato non prescribe e o cinismo tampouco.
Comentario por baionaconsciente — 15 maio 2008 @ 21:42