Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Non des a esquecemento

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

Venres, Maio 16, 2008

Non des a esquecemento

volta dos noveO comentario da concelleira nacionalista Ana Rodríguez no día de onte lévanos á reflexión de hoxe. ¿Pode argumentarse que un suceso foi hai moito tempo para deixar de recordalo? Pensamos que un asasinato nunca prescribe e menos cando se realiza porque o asasinado pensaba diferente có asasino.

Todos coñecemos o suceso da Volta dos Nove. Nunca o poderemos esquecer, sobre todo pola iniciativa anónima de recordalos con nove cruces. O ruxe ruxe tentou disfrazalo de suceso paranormal: a curva onde voltaban a aparecer nove cruces aínda que as borraran día tras día.

O Instituto de estudo Miñoranos realizou unha intensa labor de investigación que concluiu coa recente publicación dun libro-cd-dvd que todos podemos mercar nas librerías. Resulta realmente doloroso comprobar cómo colaboraron o Concello de Gondomar, Nigrán e Vigo e noso concello, aquél no que sucederon os feitos que se recordan, non apareza por ningures.

Agora rematan a xogada rexeitando adicar unha rotonda sen nome á memoria dos Xineses co argumento de que son sucesos que acaeceron hai moitos anos. Por esa regra de tres deberiamos deixar de conmemorar a Arribada da Pinta ao noso porto. Máis de 500 anos hai dese suceso, pero como é unha boa excusa para relanzar a temporada baixa do noso particular parque temático, pois ahí sí que compren esforzos, festas, rúas, institutos e monumentos.

Sempre denunciamos o sectarismo e a falta de entendemento entre as diferentes ideoloxías. As consecuencias do sectarismo no pasado nos debería facer reflexionar hoxe sobre cara ónde vamos camiñando no día a día da política.

No fondo todos sabemos que é a vergonza é o que move estas actitudes miserables. Sentirse máis preto dos verdugos que das víctimas é un feito denunciable en todos os lados, non só en Euskadi, pero alí da votos e queda ben no curriculum.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 16:27  

1 Comentario »

  1. O PP non e capaz de aprobar unha moción de este tipo, porque lles remorde a conciencia saber que os familiares seus foron os asasinos de estos veciños e que ademais non sinten vergonza dos feitos xa que son capazes de xustificalos como cando se fala dos asasinatos que cometeu franco.
    Por certo alguen se deu conta nas imaxes da tv que nas concentracións dos concellos de euscadi polo guardia civil morto apenas se concentrou xente, en cambio pola rua paseaban como si non pasara nada?, ¿que esta pasando en euscadi? ¿porque o ven con outros ollos? aqui algo non cuadra, a quen estan manipulando, a eles ou a nós?.

    Comentario por xocas — 16 Maio 2008 @ 23:43

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

*
To prove you're a person (not a spam script), type the security word shown in the picture.
Anti-Spam Image

Xestionado con WordPress