Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Día 1

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

martes, xullo 1, 2008

Día 1

oficina de turismoHoxe comezan oficialmente as vacacións para moitos. É o día no que tradiconalmente Baiona pasa de ser unha pequena vila mariñeira a un sobresaturado pobo de sol, praia e marisco na mesa. Para os que vivimos todo o ano no noso concello é un pequeno shock, como si nos roubaran algo que lexítimamente mereceriamos disfrutar entre nós, pero que entregamos aos visitantes, nun xesto de hospitalidade e amabilidade que se compensa cunha boa caixa na maioría dos comercios.

Pero os tempos teñen mudado moito e agora a caixa faina máis o Froiz, Día e Eroski que os comercios dos baioneses. Afortunadamente estes supermercados dan bastantes postos de traballo, que nunca veñen mal.

Desde o Concello tamén veñen de inaugurar o Verán cuns minúsculos carteis pegados nas farolas. Trátase do programa de exposicións que se levarán a cabo durante o período estival. Máis que un programa cultural, semella que o Concello tenta alugar unha habitación.  Un tema, éste último, do que poderiamos falar noutra anotación do Verán. Tamén haberá que pasarse pola oficina de turismo e ver si se publicita o museo recén inaugurado do Outeiro dos Lameiros. Non hai que ser desconfiados, pero do sectarismo hai que agardar calqueira cousa.

Como guinda do pastel, todos os turistas poderán disfrutar criticándonos cando vexan o monumento ao despropósito que nos deixaron os nosos cabezapensantes na Ribeira e na Barbeira. Cando volten aos seus postos de traballo terán unha boa historia que contar, comezaría así:

"Este Verán estiven en Baiona. ¿Sabes o que fan alí? Non o vas crer. Cubren as súas praias, de fina e clariña area, cunha capa de area escura e polvorienta do río Miño. Disque é para rexenerar os arenais. Eu penso que para o ano que vén imos quedarnos sen ameixas á mariñeira, pero qué saberei eu".

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 10:23  

4 Comentarios »

  1. Eu non como marsico desta bahía nin farto de fame. Con area ou sin ela, ata que Baiona e Gondomar non teñan depuradora é de auténticos valentes comer e bañarse nesta bahía.

    Comentario por Pinto — 1 xullo 2008 @ 10:58

  2. Pois máis para mín, Pinto. E eu que penso que por iso está tan rico… Cando teñamos depuradora váisenos ir o negocio do marisco XD.

    Fora bromas, todos os días comemos fiambre que ten de todo menos carne de porco ou vaca, bebemos refrescos que básicamente son auga da villa con colorantes e derivados da sacarina. Mercamos froita exposta por onde pasan coches. Imos negarlle a capacidade de depuración ao moluscos e demáis? Eu, a verdade, non.

    Comentario por Marcote — 1 xullo 2008 @ 16:38

  3. Marcote, pero é que o marsico da foz non vale nin seuquera pasandoo pola depuradora. Está estragado. Mirade a Voz de Galicia de hoxe.

    http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/07/02/0003_6952349.htm?idioma=galego

    Comentario por Pinto — 2 xullo 2008 @ 9:11

  4. O máis indignante é ver como os políticos se pasan a pelota de un a outros.
    O alcalde dí que non é cousa súa, Espina e Delfín que tampouco é cousa súa… Pois iso non é certo, sí son responsables como representantes municipais e non terían que ser os veciños os que esten denunciando e chamando ao Seprona continuamente. ESTAMOS FARTOS DESTA SITUACION-

    Comentario por Pinto — 2 xullo 2008 @ 9:13

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress