Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Incidentes de inverno e incidentes do verán

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona

xoves, xullo 3, 2008

Incidentes de inverno e incidentes do verán

naufragos en baionaVaia por Deus, que non hai maneira de poder escribir unha anotación en positiva e que nos alegre o periodo de vacacións. A semana pasada nos enteramos de que hai un veciño baionés maltratador e asasino de cans. A Galicia profunda está máis preto do que nós pensamos. En pleno século XXI non poden consentirse comportamentos neardentais, pero qué nos podemos agardar dunha sociedade que consinte facer espectáculo do maltrato a unha res, xustificando a súa bravura, a necesidade de torturalo porque sinón se extinguiría (sic) e o carácter tradicional de semellante barbarie. Tolerancia cero (canto tempo desexando escribir esta aseveración tan de moda últimamente).

Por outra banda, inauguramos os incidentes estivais co rescate dun náufragos en moto acuática. Realmente ésta é unha nova bastante máis simpática que a anteriormente mencionada ou a que tratamos o ano pasado, que consistía no incendio duns contenedores na praia de Santa Marta.

Pero, a risco de ser pesados, o Verán do 2008 quedará nos anais dos tempos pola enorme montaña de area que un pequeno grupo de irracionais políticos decidirón acopiar nas dúas praias interiores e urbanas do noso concello. Lamentable. Sumemos este capítulo de esperpentos á vaca encarcelada e ao parking que dividiu o pobo en dous bandos.

Chuzame! chuzame -
posted by baionaconsciente at 21:39  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress