Animando o Verán
Hai veces que temos dúbidas de si poderemos manter o ritmo de actualización do noso blogue. Realizar unha anotación diaria, exceptuando os días festivos, pode chegar a ser algo moi difícil se o tema único do mesmo é a actualidade baionesas. Ao fin e ao cabo somentes somos uns once mil habitantes.
Pero grazas aos políticos que podemos... ¿disfrutar? a actualidade baionesa renóvase contínuamente. A ironía do título quitóunola hoxe o corresponsal do Faro de Vigo, pero non por iso imos cexar no noso empeño de ver todo o que nos rodea con certo sorriso nos beizos.
A polémica de hoxe ten como eixo central a escola de vela que ata o de agora estaba ubicada na praia da Ladeira. Desmontóuse hai ben pouco o chiringuito de madeira que tiñan enriba da praia. Moitos pensabamos que xa era hora de que se deixase de empregar a costa para negocios privados, pero si rascamos un pouco e deixamos as valoracións superficiais quizáis cheguemos ao fondo do asunto sen ningún tipo de prexuizo.
O concelleiro de Medio Ambiente (temblemos), Manuel Vilar, comunicou que non renovará o convenio que viña levando a cabo coa empresa Punto Pasión por incumplimento das condicións do mesmo. Resulta que non poden exercer outra actividade máis que os cursos de vela e como, dí o concelleiro, están a arrendar espazo da Ladeira como amarre de catamaráns, pois non hai máis que falar. O curioso é que se pasaron todo o Inverno explotando o bar na praia, do que supomos que tampouco sacarían inxentes cantidades de cartos e agora vai e queren rachar o convenio por facer a competencia aos portos deportivos "legais".
Temos que dar grazas aos comentarios inseridos na nova do Faro de Vigo para ver en perspectiva a polémica, quizáis debeu ter contrastado a nova o corresponsal do Faro de Vigo, polo menos cos rexentes de Punto Pasión, aos que esta nova non lles vai precisamente a axudar a solucionar o problema que teñen co Concello de Baiona. Estes comentarios dinnos que Punto Pasión non cobrar arrendamento por deixar os catamaráns na praia e que mesmos algúns dos seus propietarios emprestan as embarcacións para que xente aprenda a navegar.
Outra das polémicas é que alugan bicicletas e canoas. ¡¡Menudo perigo público que son éstesde Punto Pasión!! Moito peor iso que regar o noso mar con restos de gasóleo ou raspado de patentes de barco, como fixo toda a vida o Monterreal Clube de Iates de Baiona ou o Porto Deportivo de Ronáutica, que mesmo limpaba as súas rampas con miragrosos líquidos, denunciado no seu día polo BNG.
Non se nos escapa que no fondo desta cuestión está unha competencia supostamente desleal aos clubes de iates por parte dunha pequena empresa que vive de xerar actividades lúdicas ao redor da praia e, o mellor de todo, con embarcacións que non danan o medio ambente. Pode que Punto Pasión se tivera excedido nas súas actividades, quizáis debido á pouca rendabilidade dos cursos de vela. Unha solución intermedia podería ter sido unha renegociación do convenio, pero en fin, hai verbas que son incompatibles, como Manolo Vilar e diálogo.
Por certo, que se alguén non sabe quén esta detrás de Punto Pasión, pode pasarse pola súa web e ver cales son os seus fins: http://www.pasionplaya.com/
chúzame - 

Outra brillante acción do noso tan querido amigo D. Manuel Vilar.
Cando será o día no que nos deixe tranquilos e se relaxe na súa casa sen meterse con ninguen.
Logo nos venderá que é o mellor para Baiona, un Concello de Excelencia Turística, que ten que potenciar os seus portos deportivos.
Total a xente que ía o Punto Pasión Playa, esa xente non interesa para Baiona. (recordade plenos pasados)
En fin, unha MANOLADA máis. A amolarse toca.
Comentario por Xan — 29 xullo 2008 @ 18:33
ole y ole xan
Comentario por maria — 29 xullo 2008 @ 20:17
agora ben o jazz xan tu dices que unha manolada eu digo polo jazz que unha carallada con perdon un saudo pra todos
Comentario por maria — 30 xullo 2008 @ 16:40
Isto do jazz alegrará a De la Peña, que é un gran fan e por iso impulsou estas actuacións. Agora, catro anos despois, disimulan e venden o conto como si nada tivera pasado.
Comentario por baionaconsciente — 31 xullo 2008 @ 8:36
sempre estamos co mismo que si un que si outros non pensemos asi e pensemos en nos en baiona e miremos adiante agora pro ben de todos eu non estou a favor de ninguen estou dicindo o que creo que e xusto no me no me critiquedes amin non meda de comer ninguen pero non no tomo a mal un saudo tamen para ti
Comentario por maria — 31 xullo 2008 @ 15:47
[...] finais de Xullo, na nosa anotación titulada Animando o Verán, falabamos da retirada das instalacións de Punto Pasión na Ladeira. Hoxe lemos que en Nigrán o [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » O malo que non era tan malo — 22 agosto 2008 @ 11:20