Hai cartos que non os leva o vento
As Comunidades de Montes contraatacan e defenden o Parque Eólico Albariño I no Faro de Vigo. A principal característica das CCMM é que antepoñen sempre a rendabilidade aos intereses xerais. En Tomiño consideraban útil que se construira un campo de golf e chalets no monte e no Val Miñor consideran adecuado encher de muiños a Serra da Groba. Para todo isto os montes son propiedade dos comuneiros, iso sí, se arden, a culpa é da Administración que non ven a apagalos. Se as CCMM son plenas beneficiarias dos recursos extraidos dos mesmos, haberá que plantexarse seriamente a posibilidade de eliminar calqueira responsabilidade pública sobre eles.
Dificilmente se poderá facer nada se os posuidores das terras afectadas calan a boca en canto lles enchen os petos de cartos. O regulamento da Lei de Montes Veciñais en Man Común do 92 establece que os montes en man común poderán ser obxecto de cesión temporal, en todo ou en parte, a título oneroso ou gratuíto, logo de informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, para obras, instalacións, explotacións de diversa índole, servicios ou outros fins que redunden en beneficio directo da comunidade de veciños, sempre que de tal cesión se derive un ben público ou social ou que redunde de modo principal en beneficio dos veciños (artigo 5).
Este artigo deixa ben claro que si a Consellería de Agricultura non considera que un parque eólico sexa un ben público, nada poderán decir as CCMM. Pero éste non será o caso, a Xunta non se posicionou en ningún momento en contra deste proxecto, máis ben todo o contrario. Logo, tampouco podemos cargar excesivamente contra actitude da Mancomunidade de Montes en Mancomún. O que non pon a Lei de Montes Veciñais é si esa actuación afecta a algo máis que aos terreos na Serra da Groba. O Concello de Baiona considera que pode afectar negativamente ao turismo e SOS Serra da Groba considera que non se tiveron en conta circunstancias que poderían anular o proxecto. O IEM, o BNG, Salvemos Monteferro, entre outros, presentaron alegacións no senso de que se vulnerarían normativas europeas de protección ambiental e patrimonial. Todo está en mans da Xunta?. Un informe negativo descartaría o proxecto, polo menos nos termos en que se plantean actualmente.
Pero lonxe de todo iso, quixeramos que os comuneros do Val Miñor tentaran respostar certas cuestións:
- Os incendios do 2006 resultaron unha enorme traxedia para os nosos montes. Un ano despois resulta que a solución se presenta como por arte de maxia. O BNG deseñou un plano onde se plasmaba a área queimada e a colocación dos muiños. Casualidade?
- Cada muiño supón aproximadamente 6.000 € ao ano para as CCMM. Na mesma entrevista Latino Rodríguez recoñece que non son as cantidades que eles quixeran, pero que son un "avance", xa que a Xunta antes expropiaba e pagaba o que lle petaba. É normal este conformismo?
- Saben os comuneiros a rendabilidade que suporá para Eurovento cada un destes muiños? Pregunten e saberán que se pagará ao redor do 1% deses beneficios. Negocio redondo, non precisamente para as CCMM.
- O señor Latino carga contra SOS A Serra da Groba por non dirixirse a eles. É agora a sociedade civil quen debe tutelar os dereitos dos veciños fronte aos intereses do capital? Quen se tivo que dirixir a eles tería que ter sido a Xunta ou a Administración Local, pero éstes están recabando información de SOS A Serra da Groba.
- A Lei de Montes do 43/2003 establece como obxecto da mesma garantir a conservación e protección dos montes, promovendo a súa restauración, mellora, sostenibilidade e aproveitamento racional, apoiándose na solidaridade colectiva e a cohesión territorial. Alguén pode considerar que "repoboar" unha zona queimada con aparatos de 125 metros de altura é dalgunha maneira unha restauración, mellora ou aproveitamento racional do monte?
En definitiva, o mal dos galegos volta a repetirse, chámese O Courel, Reganosa, PESCANOVA ou Serra da Groba. Os de fora saben máis ca nos, os daquí vamos en contra do progreso e os de fora traen o futuro. O curioso é como hai outros de fora que saben do ben patrimonial que teñen e saben facer ben as cousas. Se hoxe aceptamos que desfagan as nosas montañas, electrifiquen os montes e contaminen as nosas rías, pronto chegarán os muiños offshore, total non hai marisco que dea tantos cartos.
Non hai que descartar a enerxía eólica, pero non por iso hai que pechar os ollos e acatar todo o que veña. Un Parque Eólico pode ser moi beneficioso, sempre e cando se saiba tirar partido dos mesmos. Por iso, hai que reclamar un crecemento ordeado dos mesmos, que respeten os bens patrimoniais, culturais, etnográfico e ecolóxicos das zonas en que se instalarán e que a calidade enerxética das zonas próximas aos mesmos sexa a mellor de todo o país. Porque, non nos trabuquemos, esta enerxía que se xerará será maioritariamente para a exportación e non terá máis rédito económico que o entregado ás CCMM.
chúzame - 

Diñeiro, diñeiro e máis diñeiro. Cando un presidemte dunha comunidade de montes e capaz de saír defendendo a implantación duns muiños de vento no seu monte e só fala de diñeiro e que ou está cego, non quere ver ou ignora moitas cousas.
Que me diga se vai pagar co diñeiro que lle dan, a perda da biodiversidade, da paisaxe que se estraga das futuras plusvalias da explotación dunha terra coidada e mimada, cunha natureza briosa e un patrimonio coidado. Que `poña en comparanza unha serra con muiños de 125 metros e unha serra coma que digo, e a ver a onde van a ir os turistas e os visitantes. Onde van a ir os cazadores, e as arbores e plantas, e os cabalos que estan a morrer de fame por avandono.
Que iste bñog faga de notario do que di cada quén e, o tempo dará e quitar razóns pero que busquen sitio onde agocharse aqueles que se venden por un puñado de euros e renegan do que son. Que non o disfrazen nen digan que on compatibles. Está demostrado que non. Os ricos seran máis ricos e os probes máis probes.
Comentario por cerne — 7 novembro 2007 @ 20:59
Quedei pasmado despois de ter leido esta noticia no Faro.
Realmente é certo que o DIÑEIRO Cega a Xente.
NON QUERO COMENTAR NADA MÁIS.
Comentario por Roberto — 8 novembro 2007 @ 22:53