O Parador é noso

concello e parador

Ou polo menos iso podemos concluir logo de ter lido a nova publicada no Faro de Vigo. O Concello vén de asinar un convenio de colaboración co Parador no que se van ceder as súas instalacións para organizar actos a cambio de que o Concello asuma os gastos de publicidade e promoción. Non é un mal acordo para Baiona, porque as instalacións do Parador poden dar pé a múltiples actos que gañarán en encanto e porque o Parador deixa de ser un coto pechado aos baioneses.

Os nosos representantes políticos posaron con alegría ante as cámaras da prensa, pero agora toca porse mans á obra e aproveitar tan interesantes posibilidades para acadar un certo número de actos que fagan útil o convenio. Agardamos tamén que estes actos non se enfoquen exclusivamente á temporada de Verán e se pense por unha vez nos baioneses que vivimos todo o ano no noso concello.

Agora sí, non podemos deixar de concluir que é unha mágoa que cáseque todas as boas novas que xurden do Concello somentes teñan que ver con actos culturais, deportivos ou relacionados en maior ou menos medida co turismo. Percibimos unha falta de preocupación por aqueles temas que realmente interesan aos baioneses, como a situación de crise xeral, a perda de postos de traballo e a considerable disminución da participación social dos baioneses nas decisións que afectan ao noso concello. Aquelas xuntanzas cos colectivos cando o tema de moda era o PXOM ou as convocatorias no colexio de Sabarís para tratar os problemas relacionados coas riadas foron unha importante aposta neste sentido, ainda que logo uns poucos as pretendesen empregar para facer campaña.

En fin, igual pecamos de esixentes, pero é que canto máis nos dean os políticos máis lles debemos esixir. A crítica, namentres sexa constructiva, debe terse sempre en conta. E a verdade é que no noso concello hai moita crítica pero constructiva ben pouca.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

8 comentarios até agora »

  1. maria dixo

    24 de novembro del 2009 a las 18:31

    xusto baiona consciente esperemos que non so sexa para o veran por que todo o estan facendo para a traer xente pero a que vive e esta de toda vida que e o queten nada e cada vez menos os baioneses esta visto que non contamos polo menos e o meu punto de vista

  2. AIXIÑA dixo

    24 de novembro del 2009 a las 21:03

    O primer “acto” que desmostraria que efectivamente “El Parador se abre a los baioneses” seria poder entrar a pasear sen ter que pagar unha entrada .

    Por certo,

    A volta a o castillo quedou “pelada”

  3. barrabí dixo

    25 de novembro del 2009 a las 10:50

    Si que posan felices os nosos políticos, e abandeirando a foto o noso Sr. Alcalde ca sua simpatía innata, e o resto, buscando a Superman ou algo así. É que os reporteiros de Faro de Vigo teñen unha mala uva…

    Ben, resulta curioso como un vai o monte Tecla e lle cobran unha entrada, pero se vas acompañado por algún guardés non tes problemas para entrar. En Baiona nin eso… ainda vai a ser que imos facer algún deses cursos e nos cobran a entrada á fortaleza. Ainda que se non cobrasen a entrada… perdería o encanto de intentar colarse ás escondidas dos vixiantes. ¿é ou non é?

    Sobre o asunto de fondo do post, pois eu vexo un goberno municipal de “pasar o tempo”, no que hai escasas iniciativas en xeral e todas monotemáticas como ben apuntas, Baiona ten na actualidade uns cantos eixos, a pedra, o descubrimento de América, o turismo en xeral e os nulos intentos de fomentar a actividade comercial dende un modelo esgotado de concello. Escasa actividade social, escasas propostas medio ambientais, escasos servizos esenciais básicos, inexistencia de plantexamentos dunha economía do transporte axeitada… máis do mesmo e co cual parece que os baioneses nos contentamos.

    Saudos escasos

  4. maria dixo

    25 de novembro del 2009 a las 11:39

    barrabi tes razon como non todo o que se faga e bo pero como podemos ver todos son moitas de esas ideas para os baioneses /as en apuros son na de na e con isto que non digo de que sexa algo bo xa estan contentos e cansos ,,non te digo que o que lle gusta e foto foto e mais foto un saudo

  5. maria dixo

    25 de novembro del 2009 a las 11:48

    http://www.baiona.org/?502,1,100644

    señora silva ..cando fara vostede cursos de saver estar .cursos de saver o que o respeto , cursos de saver a funcion que lle compete e claro esta saver facela e de que vai pero oara vostede acelerado , e creo que o da memoria tamen lle vai ben a vostede espero que o fagan logo e que aprenda bostede axiña un saudo tamen para bostede señora concejala

  6. maria dixo

    26 de novembro del 2009 a las 8:47

    http://www.farodevigo.es/comarcas/2009/11/26/baiona-manda-femenino/389819.html
    seguro que si mandaran os nenos seria pero que moito mellor tanto baiona como o mundo

  7. veraneante dixo

    26 de novembro del 2009 a las 22:55

    ¿Coto pechado aos baioneses?
    Los representantes políticos deben aprender a vestirse, no es la primera vez que desentonan (las concejalas PP que aprendan de las del PSOE cuando asisten a actos religiosos…). Y si, estoy de acuerdo en que se aproveche para los de Baiona (los de todo el año), y ya puestos lo que deben hacer es pasar todas las actividades veraniegas al invierno, y así no molestar con ruidos a los veraneantes. Yo empezaría traslando al parador los botellones, el “Baiona berra”, Manolo Escobar, El coro Homes de Baiona, la banda de música los pijitos posmodernos,, la cantante de fados, el día del turista, los gaiteros de Monte Boi, e incluso las fiestas de La Anunciada (cuya fiesta es en marzo), ¿Alguien me puede decir porqué se traslada a agosto? En fin, cuando don José Elduayen puso en venta su casa el ayuntamiento no la compró, y cuando don Angel Bedriñana puso en venta su casa, el ayuntamiento tampoco compró. Ah, claro, fue otro expolio franquista, XD. Saludos.

  8. AIXIÑA dixo

    27 de novembro del 2009 a las 20:44

    Todas as grandes mansions de Baiona foron e siguen sendo dos veraneantes.

Comentarios RSS · TrackBack URI

Podes comentar

Nome: (requirido)

Correo: (requirido)

Sitio WEB:

Comentario: