Día Mundial contra a violencia de xénero

Violencia de xénero

O pasado día 25 celebrouse o Día Mundial contra a violencia de xénero e moito se ten falado deste tema esta semana. A coletilla deste ano foi o dato que rebela que os menores de 30 anos son máis violentos que os de maior edade. Pronto comezaron as reflexións sobre este dato e a busca de culpables. Como a prensa e moitos dos supostos expertos deben cobrar moi pouco e non deben ter tempo para profundizar, caéuse irremediablemente na demagoxia e nos tópicos mási habituais. Que si a televisión, o cine e os videoxogos.

Esta tríada tende a xustificar actuacións tan variopintas como un múltiple asasinato nos EEUU ata o fenómeno do botellón. Pregunten o que sexa que a televisión será a culpable. Non seremos nós quenes defendan un aparato que como maior utilidade podemos destacar que se pode conectar o DVD e ver películas de calidade (aquí xoga un papel fundamental a capacidade de elección do seu propietario).

Xa que logo, os rapaces de hoxe en día zoscan ás súas parellas porque van ao cine a ver películas onde se maltrata sin pudor ás mulleres ou porque as series de televisión de hoxe desprecian á muller como mero obxecto sexual. O argumento desmóntase por sí só.

En realidade estes argumentos tentan alonxar a atención da realidade. Os nosos rapaces naceron nunha sociedade cunha escasa capacidade educativa e no que se antepón o individualismo ao colectivo. Así, o concepto de propiedade exténdese máis aló do razoable e a parella é un ben tan valorado e digno de fachandeo como unha moto. O curioso é que este comportamento tamén o adaptaron as mulleres e cada vez é máis frecuente escoitar historias de rapazas que se lían a tortas nunha discoteca por unha mirada máis ou menos inocente.

Falta de educación e individualismo son armas moi perigosas, sobre todo si se mezclan nunha mesma situación. Eis o problema da violencia de xénero na rapazada. O que non queira ver que non vexa, pero que non lancen tópicos ao aire para cubrir o expediente.

Ningunha muller será menos que eu. Ningún home será máis que eu. A campaña merece un premio porque nestas dúas frases se resume un sentimento que debe ser adoptado por todos. Que así sexa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

1 comentario até agora »

  1. barrabí dixo

    30 de novembro del 2009 a las 9:43

    Que conste que a min persoalmente o slogan non me gusta, ainda que non está falto de razón, pero como home, tamén quixera destacar que ningunha muller será máis que eu e que ningún home será menos que eu, creo que de eso se trata a igualdade. Ninguén máis e ninguén menos.

    Pero creo que hai máis causas da violencia de xénero, e despois, fáltame escoitar a cantinela de sempre “a culpa é de Zapatero”.

    Saudos iguais

Comentarios RSS · TrackBack URI

Podes comentar

Nome: (requirido)

Correo: (requirido)

Sitio WEB:

Comentario: