Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Insistindo sempre se acada algo

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

venres, novembro 16, 2007

Insistindo sempre se acada algo

concello baionaAlegrémonos de que neste concello as cousas comecen a mudar. Hai uns días manifestábamos o profundo enfado por non saber nin cando son os Plenos da Corporación, unha acto que debería ser unha multitudinaria manifestación de uso da democracia municipal, pero que se queda nun simple trámite administrativo que hai que seguir mensualmente.

Casualmente onte puidemos sorprendernos cando atopamos na web do Concello unha sección denominada "Actas e acordos", onde se colgaron todas as actas levabas ata agora desde as pasadas Eleccións Municipais. Se noutras actuacións fumos críticos coa xestión municipal, hoxe debemos aplaudir esta iniciativa que leva o debate municipal a quen lle interese. Unha das firmes apostas de Baiona Consciente na súa fundación foi que internet debía ser un medio fundamental de acceso á información e poríamos o noso empeño en que así fose. Hoxe é un deses días nos que podemos congratularnos e recoller froitos.

Non podemos deixar de esquencernos de realizar un pequeno tirón de orellas, xa que onte navegabamos pola páxina do Concello en busca dos textos presentados polo equipo redactor do PECHAB. Será un pequeno tirón de orellas, porque entendemos que aínda é cedo para que estean na rede. Agardamos con impaciencia para que podamos sacar as nosas propias conclusións e non só nos enteremos do que nos filtra a prensa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Publicado por baionaconsciente at 9:18  

3 Comentarios »

  1. UNS LEVAN OS APLAUSOS E OUTROS O TRABALLO.

    Extracto de Pleno Ordinario do 4 de Octubro:

    ROGOS DO BNG.

    SRA.RODRIGUEZ:
    - No Pleno anterior fixen o ROGO de que as actas dos Plenos poderían estar informatizadas nun CD, e a Secretaría me contestou que non, que as actas tiñan que ir firmadas, entón o responsable local do meu partido meteulle por escrito tamén, solicitoulle, e decirlle que o Concello de Oia, por exemplo, na sua paxina web ten tódalas actas do Pleno, entón ¿pódese ou non se pode?.

    SRA.SECRETARIA.- Para dar publicidad a las actas se pueden poner en la página web, pero nosotros en CD no las facilitamos por cuestión de la firma; también se publican en el tablón para que la gente las pueda ver; podríamos colgarlas en la página web a nivel de publicidad.

    SRA.RODRIGUEZ: O ROGO é si se poderían pór as actas na paxina web do Concello.

    SR.ALCALDE.- Si, o único aclarar que non se poden modificar. Non se pode traballar con ese texto.

    XULGADE VOS MESMOS.

    Comment por Roberto — 16 novembro 2007 @ 10:10

  2. Noraboa, logo. Tentaremos lernos, a partires de agora, todas as actas e xuzgar consecuentemente as accións de uns e outros.

    Neste caso faremos un nova crítica. Se o BNG non se leva este tanto é porque non o publicitou o suficiente. Nos sentimos honrados de ser o primeiro medio no que se produza ese feito, que cunda o exemplo.

    Comment por baionaconsciente — 16 novembro 2007 @ 11:17

  3. O BNG ten que aprender a vender o que consigue. Xa está comezando a facelo a través do seu Boletín dende o pasado mes de agosto ofrecendo alternativas ao goberno local, facendo unha oposición construtiva.
    Grazas ao BNG, pódense consultar as actas dos plenos na web do concello e na do día 4 de outubro pódese comprobar na páxina 39 a solicitude da concelleira Ana Rodríguez como xa dixo o amigo Roberto no seu comentario.
    Agora falta que o Sr Alcalde faga realidade a outra petición que ten o BNG: cambiar o horario dos plenos para que a xente que queira poida asistir.

    Comment por Roi — 19 novembro 2007 @ 17:03

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress