Urbanización submarina
Hoxe o Faro de Vigo nos desvela que a xestión dos fondeos na controvertida lámina de auga entre a Doca e o Clube de Iates suporá a instalación de 260 toneladas de formigón para levalos a cabo. O cálculo é ben sinxelo. Se cada morto pesa 5 toneladas e se proxectan 52 fondeos, o resultado é un total de 260 toneladas.
Moitos defendían que non se ía "urbanizar" o mar, porque non se ían colocar pantaláns. Outros pretendían xustificar a súa oposición vendendo que se pretendía construir unha extensión do Clube de Iates de Ronáutica. Incluso houbo quen saiu á defensa das mariscadoras e mariñeiros.
O caso é que finalmente o Clube de Iates de toda a vida, o Monterreal, o que "privatizou" o porto do Parador, o que vende Baiona como a elite náutica sen parangón e o que gaña bandeiras azuis a costa de verter gasóleo ás nosas praias, volta a tratarnos coma parviños e cólanos unha nova explotación en aras do progreso. Se ben é certo que no termo "urbanizar" non cabe acepción algunha que identifique o que se realizará na Doca, a cousa non anda moi desencamiñada, porque cemento van empregar e servizos han levar aos beneficiarios da explotación.
Habería que pedirlle contas a aqueles que se rasgaban as vestimentas porque ían mandar pantaláns desde a Doca (PP e Cofradía de Pescadores). Tamén a aqueles que defendían o inocuo fondeo de 52 embarcacións (PSOE) haberá que preguntarlles se coñecen os termos relacionados cun fondeo, como o borneo e o seu radio (distinto en pleamar e baixamar, como ben explican desde a Cofradía). Mesmo haberá que preguntar aos defensores dos mariñeiros (BNG) se realmente hai explotación a ter en consideración na zona.
Lametablemente, neste tema a politización emborronou o debate e as conclusións son as seguintes: o PP aproveitou para dar caña á Xunta, o PSOE defendeu á Xunta a morte, mesmo atendendo "recomendacións" de máis altas esferas e o BNG, coma cáseque sempre, ao seu, a terceira vía para non oscurecerse baixo a sombra dalgún dos "grandes", algúns dirían que "dando a nota".
A resolución das alegacións dictarán sentencia, pero como no caso do Parque Eólico, moitos agardan que se cumpla un mero trámite administrativo e punto. Nesto non cambiou nada na Xunta.
chúzame - 

Falando de todo un pouco,preguntome donde quedou a folga de fame do expatron maior suso, por certo os dirixentes da cofradia so se lles ve o caron do goberno de Baiona, non sabemos si será por afinidade ou porque non lles gusta a opòsición, mais ben parece que se lles ve o plumeiro, ainda que eu prefiro chamarlles a iso, estomagos agradecidos.
Comentario por xocas — 20 novembro 2007 @ 23:35
Me pregunto cómo están fondeados ya los barcos que aparentemente sin regularizar su situación tienen sin embargo un muerto en ese plano de agua. Deben rondar la cifra de los muertos ahora autorizados. Y en el resto de la bahía, ¿cuántos muertos (¿ilegales?) hay? ¿A quién preocupa qué?
Comentario por Pepe — 21 novembro 2007 @ 11:28
Pepe, ahí radica o Problema.
Lévan vendido que se quere solucionar o problema dos amarres das embarcacións en Baiona dende ahi anos, fai pouco fixeron un importante número de pantalans novos para solucionar o problema, pero lonxe de iso o que conseguiron foi que a día de hoxe ainda existan máis barcos amarrados en Baiona pero os que etaban nos mortos de toda a vida (”ilegais” como di Pepe) seguen estando e nos pantalans temos barcos de xentes de outros lugares. P.Ex. (de Vigo).
Quen é o responsabel? PePe.
Comentario por Roberto — 21 novembro 2007 @ 18:41
Eso demuestra que el afán por ocupar el mar está más extendido de lo que parece, y que quién lo ocupó primero se resiste a encontrar soluciones que permitan a más embarcaciones disfrutar de abrigo…aún a costa de no aprovechar las que se les ofrecen. Para ocupar los pantalanes nuevos tenían preferencia los barcos de Baiona, ¿o no? ¿Se cubrieron las plazas? No, puesto que dices que hay barcos de Vigo. ¿Disminuyeron los muertos? Tampoco lo parece. No sé cómo casar todo esto, pero me parece que hay muchos más intereses en juego que los sólitos de Ronautica y el Club de yates, ¿no te parece? Un saludo
Comentario por Pepe — 21 novembro 2007 @ 19:13
O meu pensamento persoal, é que cando se fixeron os pantaláns para erradicar os fondeos existentes na Baia de Baiona, tería que facer precisamente iso erradicalos, non esperar a que se cubriran as prazas con barcos de Baiona, senon ter feito un inventario de todas as embarcacións que se atopan de maneira irregular e darlles un prazo para regularizar a súa situación e unha de dúas: ou ir para o pantalan ou desfacerse da embarcación.
Ainda que aquí xurde outro tema: O custe destes pantalans, algo extremadamente elevado para os servizos que presta, sendo un ente público quen o xestiona e supostamente sen afan de lucro.
Comentario por Roberto — 22 novembro 2007 @ 0:23
Ya. O sea que el problema es que no se ha intervenido lo suficiente “ordenando” la bahía, ¿no? Ahí podemos encontrar un punto de encuentro, que nunca viene mal. Y en cuanto al precio “extremadamente elevado”, por favor, me gustaría que te extendieras un poco. Un saludo
Comentario por Pepe — 22 novembro 2007 @ 9:07
¿Qué ha pasado con los mensajes que faltan?
Comentario por Diego — 26 novembro 2007 @ 20:12
Grazas Sergio polo aviso. O Spam Karma “comeuse” os que faltaban porque detectaba Karma negativo nos mesmos. Pode ser debido a unha compartición de IP ou similar. O problema está solucionada e os comentarios aprobados.
Lamentablemente precisamos desta medida anti-spam, porque senón tería os comentarios saturados de anuncios de pornografía, viagras e demais. Hai un contador ao final do bloge. No momento que escribo o Spam Karma devorou 214 comentarios fraudulentos.
Se obsevas algún retraso na publicacións dos comentarios seguramente se deba a esta medida de seguridade.
Comentario por baionaconsciente — 27 novembro 2007 @ 11:27
Un saludo
Comentario por Pepe — 27 novembro 2007 @ 15:54