A nosa historia con ironía e seriedade

obras do peirao de BaionaHoxe queriamos falar de urbanismo, pero sorprendeunos unha interesante nova nas páxinas da Voz de Galicia. As obras do peirao de Baiona, do que xa tiñamos falado, descubriron interesantes pezas arqueolóxicas coma un canón do século XVII ou restos de cerámica chinesa. A principal hipótese considera que estes restos son froito de pequenos accidentes domésticos nas pezas e que provocaron que os seus propietarios as tirasen pola borda.

É curioso como podemos coñecer o noso pasado a través das insolidarias ou ignorantes costumes dos noso antergos. Pode que dentro de tres ou catro séculos, cando se estea a rematar o enlace terrestre coas Cíes (non nos estranemos, ao paso que vamos en recheos na ría, non ha quedar tan lonxe) atoparán os restos que tirabamos ao mar polo emisario submarino. Lamentablemente o máis cultural que podan atopar serán compresas e bastonciños para os oidos. Non terán moi boa idea da nosa forma de vida. De seguro que nunha sala do Museo da Historia Baionesa, aquela na que se fale dos indíxenas baioneses, extintos tralo Plan Xeral do 2050, que encareceu tanto o solo que provocou a súa emigración masiva, haberá un sitio para colocar a efixie do gran visionario do século XXI, Don Manuel Vilar, sen a súa aportación non sería posible que o lixo do seu tempo se conservara ao longo de varios séculos nos fondos mariños.

Fora ironías. Xa é casualidade que aparezan os primeiros restos arqueolóxicos submariños en Baiona xusto cando o Goberno Municipal está a proxectar un Museo da Navegación. Coma puidemos ler nun artigo que publicou o BNG nun dos seus boletíns, o Museo ven parece máis un parque temático do Descubrimento de América, pero seguro que atopan algunha saliña onde colocar todos estes achádegos. Nós apostariamos por dous puntos de referencia da historia cercana da nosa vila, a fábrica de Puga e o Balneario da Concheira. Lamentablemente o deseño dese Museo está en mans dalguén que non viviu a historia de Baiona do mesmo xeito que nós, será que prefire o cheiro a humidade das bibliotecas ao do peixe nas súas mans.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

7 comentarios até agora »

  1. Roberto dixo

    21 de novembro del 2007 a las 18:46

    Xa sabemos o que pensa de todo isto os nosos Gobernantes. Estes non ven máis alá que do descubremento de America.

    Como xa denunciamos no noso Boletin o BNG entende que existen outros moitos temas peculiares sómentes de Baiona e referidos o Mar que podían dotar de contido e sentido este Museo.

  2. Pinto dixo

    21 de novembro del 2007 a las 21:10

    o que non dou a imaxinar é canto patrimonio se puido perder nos continuos recheos. Paseo marítimo, lonxa, Ronautica, espigón da doca ,… prefiro non pensar nelo porque me ferve o sangue.

  3. xocas dixo

    22 de novembro del 2007 a las 0:28

    non sexandes tiquismiquis, o informe de impacto medioambiental que presentaron con o 2º porto deportivo(ronautica) decia que só habia no fondo miñocas.

  4. Roberto dixo

    22 de novembro del 2007 a las 0:43

    OLLOS QUE NON VEN,
    CORAZON QUE NON SINTE.

    Esto mesmo sucedería co Proxecto de Instalación do Parque Eólico Albariño I na Serra da Groba.

    Se non se tivese xerado á polémica a raiz que dende o BNG de Baiona se alertou alá polo mes de Agosto de este proxecto, non se tería formado o Colectivo SOS A Serra da Groba, nin se tería dado a coñecer todo o patrimonio material e inmaterial que existe na Serra da Groba.

    E tampouco estaría aberto o Debate sobor de este tema. O que sucedería e que de pronto un día, e sen ninguen saber nada, nin dende a sociedade civil, nin dende a administración Local, nos aparecerían uns camións transportando anacos de muiños que se intalarían na Serra da Groba, pero con unha mínima repercusión xa que ningúen sería consciente de que na serra da Groba existe tal concentración de xacementos arqueolóxicos repartidos por toda ela que en outros poucos lugares se pode atopar.

    De ahí a importancia que ten a información, de ahí que dende o Colectivo SOS A Serra da Groba nos preocupemos de facer saber cales son ás afeccións reais de este Parque eólico.

    Unha das nosas premisas foi informar os nosos representantes nos distintos Concellos afectados dos danos que causará este Parque Eólico, despois foron as Comunidades de Montes que nos quixeron recibir, e logo os Veciños/as dos distintos Concellos, e tamén estivemos e estamos informando as distintas Consellerías (Industria, Cultura, Medio Rural e sobre todo Medioambiente) para que cando teñan que emitir os seus informes o fagan con coñecemento de causa.

    Con qué finalidade?

    Para que cando alguén teña que topar unha decisión xa sexa posicionandose en Contra ou a Favor da implantación de este Parque Eólico na Serra da Groba o faga con coñecemento de causa e o dito co que comecie non sirva de excusa.

    NINGUN ORGANISMO QUE TEÑA QUE EMITIR INFORMES O RESPECTO poderá decir que non tiña coñecemento dos graves atentados que se están a fecer contra o patrimonio e a cultura na Serra da Groba.

    Un Pais cando perde a súa CULTURA e o seu PATRIMONIO deixa irremediablemente de ser PAIS.

    TEMOS QUE FACER PAIS.

  5. Pepe dixo

    22 de novembro del 2007 a las 19:50

    Conviene saber, Pinto, que también Elduayen y la Palma son rellenos. No por antiguos menos rellenos. De modo que la perdida del “patrimonio” del que tú hablas es más grave. Debe ser que te gusta lo natural. A mí, desde luego, no tanto ¿Te parece mal el paseo marítimo? Pues lo siento, a mí me parece bien. No mezclemos ajos con cebollas, que nos hacemos un lío y terminamos defendiendo que los habitantes de Santa Tecla llevaban una vida envidiable. Un saludo

  6. Pepe dixo

    22 de novembro del 2007 a las 20:06

    Pinto, también la Palma y Elduayen son rellenos. ¿También te parecen mal? Un saludo

  7. baionaconsciente dixo

    27 de novembro del 2007 a las 12:24

    Estimado Pepe, creo que os extremos son perigosos. O mesmo argumento levado á inversa tamén é demencial. ¿Porqué non enchemos as rías de cemento e nos deixamos de tanta curva?

    Todo tén o seu límite. Nin inmovilismo nin man aberta. Cómpre que os informes preceptivos sexan sempre imparciais e que os períodos de alegacións deixen de ser un mero trámite e se convirtan no que deberían ser: a oportunidade de que cidadáns que coñecen o entorno fagan ver á Administración as deficiencias de certos proxectos.

    Tampouco podemos desdeñar o factor tempo. Alguén dixo unha vez: non xuzgues o pasado con ollos do presente. Recoñecería unha certa autocrítica con esta frase, se non fase porque no pasado se fixeron ver os erros que hoxe son evidentes. Falamos por exemplo do emisario submarino.

Comentarios RSS · TrackBack URI

Podes comentar

Nome: (requirido)

Correo: (requirido)

Sitio WEB:

Comentario: