Un acerto que pasa desapercibido
Como non cabe azuzar demasiado o debate sobre o urbanismo, que para iso xa está a anotación de onte, nova marca na historia de Baiona Consciente en número de comentarios nunha soa anotación, hoxe nos gustaría falar do xa tradicional calendario do Concello.
Este ano debemos felicitar á persona encargada de elexir o deseño por ter pensado en Caino para obter as ilustracións mensuais. Xa era hora de que comezásemos a recoñecer o talento que temos na nosa vila, en troques de ver sempre para fóra. Caino é un símbolo da arte en Baiona e resulta sorprendente que a día de hoxe non se teña pensado en ter unha exposición permanente coa sua obra. Será porqué ainda non faleceu e se lle pode subir á cabeza.
Tamén está ben que se coloquen os teléfonos das diferentes asociacións culturais. Un dato moi útil, pero non tanto como outros de maior interese como o da Policía Local, o Concello, Espina e Delfín e outros similares. Non é un feito de especial crítica, mais xa que se empregan cartos públicos para entregar un utensilio que é urxente ter no mes de Decembro pero do que sufrimos un importante excedente pasadas as festas do Nadal. Non serán moitos cartos, pero seguro que hai mellor lugar onde investilos (en dar copias do PXOM aos baioneses, por exemplo).
chúzame - 
