Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Por outros derroteiros

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

mércores, febreiro 20, 2008

Por outros derroteiros

bingoSe onte falabamos de que os veciños esixen solucións a problemas que non están na axenda dos partidos políticos, hoxe por podemos deixar de abordar outro caso máis. Xa tiñamos comentado, a finais de ano, da intervención por parte da Garda Civil dos Bingos ilegais que organizaban as comisións de festas, centros culturais e asociacións de veciños.

Tras aquel incidente non houbo reacción por parte de nengún partido político. Agora no veciño concello de Gondomar todos se apuntan ao apoio dunha actuación ilegal. É curioso como ún se pode apuntar ao carro do que mellor lle convén, ocultando ao mesmo tempo a súa manifesta incompetencia.

Se tanta sensibilización hai co problema que supón unha actuación policial dentro da legalidade, habería que solicitar a modificación das normas que rixen ese desencontro entre a lóxica cidadán e a lei. Ao fin e ao cabo ésa é a principal función dun político.

Lonxe de estar conformes co método de recaudación, sobre todo cando se realizan bingos infantiles, debemos ser conscientes de que a letra non pode entrar con sangue e que os usos e costumes populares deben ser respeitados. Agora que hai políticos que queren obrigar aos estranxeiros a que se amolden ás nosas costumes ¿non sería hora de obrigar aos que nos impoñen desde fóra unhas costumes a que respeten a nosa forma de vida? ¿Porqué o pakistaní que vive en Barcelona non pode vestir como quere porque se ten que amoldar aos nosos costumes e logo ven un holandés a decirnos como demo temos que matar ao noso porco?

En fin, que se hai partidos políticos que queren axudar aos seus veciños, xa saben o que teñen que facer, elevar ao Parlamento Galego unha esixencia de modificación da Lei do Xogo para que torne legal unha actividade socialmente admitida, por moito que nos disguste persoalmente o método.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:31  

1 Comentario »

  1. Nota de prensa remicibida do PSOE de Gondomar:

    Ante a noticia difundida por varios medios de comunicación onde a comisión de festas de Donas, ven de denunciar a actuación da Policía Autonómica no pasado fin de semana que acudiu o local social desa parroquia e precintou o utensilios utilizados para a celebración dun bingo co fin de recadar fondos para a celebración das festas patronais, convén manifestar o seguinte:
    1º O PSdeG-PSOE de Gondomar, non recibiu ningún escrito da citada comisión onde se reclamase o apoio.
    2º Si é certo, que quen se identificou como secretario desa comisión, o Sr. Bargiela, o martes a noite, púxose en contacto por telefono co voceiro do grupo
    municipal e lle fai chegar o acontecido e convídao a asistir a unha xuntanza que teñen previsto facer, xa que a invitación a fan extensa a tódolos grupos
    municipais.
    3º Que isto asina, lle manifestou, que algún membro do partido acudiría a dita xuntanza.
    4º No día de onte, de novo o Sr. Bargiela, mediante chamada telefónica, comunícame que dita xuntanza celebrarase o vindeiro venres, no local social as 13,45 horas.
    e 5º O partido socialista, como non podía ser doutro xeito, acude as chamadas dos veciños, asociacións, etc., pero isto non quer dicir ser un apoio explícito
    ante uns feitos que están debidamente recollidos na Lei 14/1985, do 23 de decembro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.

    Comentario por baionaconsciente — 22 febreiro 2008 @ 11:58

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress