Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Errores nas listas

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, febreiro 26, 2008

Errores nas listas

cabezon e sin corazón

Revisando novamente as listas electorais nos sorprende que o Señor Vilar non apareza nelas, sobre todo logo de saber que o eslogan escollido polo PP é "Con cabeza y corazón", somentes tiñan que rematar a rima para presentar ao ilustre baionés como candidato ao Senado, ese obscuro soño que sempre tivo o Señor Vilar, pero nunca deu acadado.

Non hai máis frustración que observar que ata os teus compañeiros de partido perciben a túa incompetencia, que é tan elevada que impide incluso exercer un traballo tan sinxelo como apretar o botón que apoie a doctrina do partido. Claro que ata iso é compricado para según quen.

Como era de agardar, a campaña está a pasar de puntillas en Baiona, canto máis lonxe é a moqueta, menos preocupa as consecuencias aos noso políticos. O efecto agudízase se temos en conta que esta fin de semana celébrase o primeiro de Marzo e hai que ter bonita Baiona. Todos sabemos que o noso concello debe estar máis presentable para os de fora que para nós mesmos. ¿Ou non?

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:31  

7 Comentarios »

  1. Para el Psoe de Baiona esta campaña es muy importante ya que el día 9 de marzo España se juega mucho. Y por ello nos estamos volcando en ella. Presencia en la calle, apoyo a los mítines centrales, cena-mitin el próximo viernes con la presencia del Presidente Touriño,… son “creo” que ejemplos de que, moqueta de por medio o no, el partido defiende un proyecto común con ganas e ilusión.

    Un saludo,

    Comentario por Diego — 26 febreiro 2008 @ 10:48

  2. Pois a min paréceme que máis que a festa da arribada é a festa de Mariano. A estrada de Sabarís a Baiona ten máis bandeirolas de Marianico que escudos medievais ou de Caixanova, que son os que veñen sendo habituais. Se fora ao revés, supoño que o alcalde xa emitiría un bando para solicitar a súa retirada.

    Comentario por Pinto — 26 febreiro 2008 @ 11:20

  3. Pois a Ana Pastor aínda se lle ve timidamente, pero o PSOE non ten pensado presentarnos a Antón Louro?

    Comentario por Marcote — 26 febreiro 2008 @ 14:09

  4. O Psoe importalle estas eleccións e tamen España, e tamen esta claro que Galiza non lle importa en absoluto nin a él nin o PP o demostraron onte no debate, falan de Cataluña, de Andalucia, do trasbase, de Euscadi, de todo menos de Galiza, pois que lle den a ambolosdous.

    Comentario por xocas — 27 febreiro 2008 @ 0:18

  5. Marcote, no te tenía entre los indecisos. No obstante, si todavia dudas entre Ana Pastor y Antón Louro este viernes estará Antón Louro en la cena-mitin del Psoe.

    Un saludo,

    Comentario por Diego — 27 febreiro 2008 @ 9:44

  6. Non é que sexa indeciso, é que me parece increible o presidencialismo que impera nos partidos estatais. A lei marca que eleximos aos nosos representantes provinciais e éstes elixen ao Presidente do Goberno.

    Por iso o meu voto non mudará, porque irá á que mellor representará os intereses de Baiona: Olaia.

    E tamén porque prefiro propostas reais a propostas de fume, como os 210 € para aluguer, cando en Galiza se tivo demostrado que é unha medida inflacionista. Namentres, a Xunta rehabilita vivendas no casco vello de Lugo e as por en aluguer a prezos baixos.

    Iso son políticas reais, ainda que lamentablemente non teñen porqué ser electoralmente rendabeis, por iso estou orgulloso de que o meu voto sexa un dos máis útiles que pode haber.

    Con todo, sorte para o PSOE e que ZP revalide a victoria (aínda que eu penso que anda cerca da maioría absoluta).

    Comentario por Marcote — 27 febreiro 2008 @ 11:13

  7. http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/arquivos/multimedia/audio/cunhabngxeraiszapatero.mp3

    Comentario por Marcote — 27 febreiro 2008 @ 13:33

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress