Un vello erro
E voltamos a ter que escoitar a outro defensor da plataforma "Val Miñor Universitario", que si non existe é porque o seu obxectivo non é real. O Señor Darío Álvarez, que si caracteriza por algo non é precisamente por buscar o mellor para a comarca, volta ás andadas co de que si o Val Miñor está mellor comunicado co CUVI, os universitarios poder querer vir a vivir para aquí.
A proposta é un enlace 4,5 km. despois do de Vincios. Non sabemos como é o cálculo, pero según o Señor Álvarez, presidente do CIT (Centro de Iniciativas Turísticas, outro invento para cobrarlles unha cuota aos empresarios e un poucos deles vivir do conto e poder ir a FITUR cos gastos pagos), aforrando 4,5 km. de estradas convencionais se pasa de perder 40 minutos a 15. Valente e irreal cálculo.
A ver, ideólogos do Val Miñor, fagamos un balance de qué ten e non ten un universitario. Se algo ten de sobra unha persoa que estude na Universidade é tempo, quitando as horas de clase, as de soño, as de repaso e estudo e as horas na cafetería xogando ao tute, ainda podemos decir que non lles ha de preocupar moito aforrar 25 minutos en transporte, sobre todo cando hai unha importante cantidade deles que ten que coller autobús ou buscar residencia no propio CUVI porque non teñen vehículo propio.
O que non teñen os universitarios son cartos, señores. Poñan vivendas en aluguer oir 200-250 € e verán como isto se enche de xente. Pero claro, iso igual non é o obxectivo real da proposta. ¿A que non?
chúzame - 

Dito por Mario en Valminor.info
Non digo que a idea estea mal, pero os argumentos parécenme de perogrullo. Digo eu que terá que ver a desestacionalización da actividade económica da comarca?
Eu estudo na universidade de Vigo e o que voto en falta non é precisamente a conexión da autopista se non un servizo de transporte público para non ter que facer o unha xira por toda Pontevedra para chegar á universidade.
O CIT descuida que a maioría dos estudantes non temos coche e polo tanto o da autopista non soluciona o problema de transporte que temos.
Considero que unha negociación entre a patronal pero sin ter en conta aos verdadeiros usuarios da Universidade, alumnos principalmente é un proxecto mal parido.
Cando non podo ir cun compañeiro que ten coche o que teño que facer para que me saia máis barato é coller un ATSA ata Coruxo, logo dende alí coller un Vitrasa ata Plaza América e logo o Vitrasa para a Universidade.
A conexión da auto estrada non soluciona esta odisea. Prefiro que invirtan os cartos na mellora de trasnporte público. Unha medida responsable e sostible.
Comentario por Pinto — 27 febreiro 2008 @ 18:51
eu estou de acordo con Mario, a proposta é absurda e innecesaria pensando nun investimento razoado de eses cartos. É necesario un transporte público cuha liña regular ao CUVI. E que se deixen de proxectos de estradas e viais, estés soñan ser Gallardón soterrando a M30 e veñen de salvadores. Xa estamos un pocuo fartos de salvadores. A ver si pomos os pes no chan.
Comentario por Pinto — 27 febreiro 2008 @ 18:57
Ve-se que o Darío éste non pisou a Universidade na súa vida nin foi estudante. O CIT non vale máis que para o autobombo de catro “mepresarios hosteleiros” que vien do conto.
Se eu coñezo a Darío é polo edificio ilegal que fixo en Baiona coa colaboración de Chicho. Eran tempos.
Comentario por Marcote — 27 febreiro 2008 @ 19:24
Para cando unha reflexión seria e documentada do problema do trtansporte no Valmiñor? Para cando un informe do número de xente que se despraza ata a Universidade dende o Valmiñor e como? Non é o mesmo o profesor ou empregado (suponse ten medios propios) que os alumnos.
Cántos son, que horarios teñen, como se podería artellar un servizo público para comunicar o Valmiñor e as instalacións da Universidade de Vigo?
Sen ises datos, estase a perder o tempo e botar foguetes para facer ruido e que pareza que hai festa.
Comentario por cerne — 28 febreiro 2008 @ 10:02
INFORME: Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor.
http://acrexoval.blogaliza.org/2007/05/10/12/
Comentario por Pietro — 28 febreiro 2008 @ 10:47