Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Peixe, peixiño

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, marzo 25, 2008

Peixe, peixiño

praza abastos baionaE siguen os comerciantes da praza de abastos cos seus problemas. Se non é unha cousa é outra. Primeiro a venda ambulante, que sigue sen solucionarse por inacción do Goberno Municipal e agora as sempre molestas obras. ¿Ten futuro a praza de abastos como tal?

Non podemos deixar de voltar a recordar oq ue sempre supuxo a praza de abastos en Baiona, ata que chegaron os pérfidos supermercados e nos mudaron a percepción da compra. Era moi fermoso entrar na praza, fora ésta, a provisional onde agora está Caixanova, a primeira ou mesmo a de Sabarís. Aquela marabunta de comerciantes e clientes, co seu conseguinte bullicio mostraba unha actividade inusitada e que hoxe non é máis que morriña doutros tempos en mente de molestos vellos que cuidan dos seus netos.

¿Porqué chegamos a este punto? Parte de culpa non lles falta aos propios comerciantes, que sempre tiveron a fama de tramposos e manipuladores. Vender peixe en mal estado ou variar prezos segundo o cliente eran prácticas duns poucos que perxudicaron á maioría. É triste observar como a peixería dun supermercado traballe tanto nun pobo mariñeiro. ¿Ou é que xa non nos poden ter por tal?

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 11:58  

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress