Se nada cambia…
O vindeiro Pleno debería de ser o primeiro Xoves do mes de Abril, quer dicir, o 3 de Abril. E, segundo se dí, o prazo de entrega por parte da Xunta dos textos do PXOM se esgotaba logo da Semana Santa. ¿Sorprenderanos o Goberno Municipal coa aprobación provisional do PXOM para a súa exposición neste Pleno ou na Xunta o tema dos plazos é unha cousa irrelevante?
Conviría saber en todo momento en que fase de tramitación se atopa o PXOM, porque pode que asistamos a uns dimes e diretes, por outra parte moi coñecidos xa por outros lares (véxase Vigo).
Hoxe mesmo nos enteramos pola prensa que varios concelleiros de Nigrán tiveron que declaran nos Xuzgados de Vigo polos incidentes acaecidos no veciño concello. E como non podía ser doutra maneira, aqueles que tiraron partido do vandalismo ficaron amnésicos. Non se deben tirar pedras sobre o propio tellado, ainda que sí (parece ser) que se pode no do propio Concello.
Todos sabemos que aqueles incidentes se desencadearon por unha mala xestión da aprobación do Plan Xeral e nadie quere que suceda o mesmo en Baiona. Pero de ahí a xustificar o vandalismo hai un mundo. Goberno e oposición en Baiona deberían asumir as súas respectivas responsabilidades, porque se non hai un fluido diálogo neste tema, as consecuencias para ambos deberían existir. Outra cousa será que logo cada quen xestione os resultados á sua conveniencia e se consolide na súa posición. En Nigrán perderon os ladróns pero gañaron os vándalos. ¿E que nadie vai ser honrado e honesto por unha vez?
chúzame - 
