Baiona con Amadeo e Ángel

Quizáis nestes intres de revolución cultural que semella vai vivir Baiona esta fin de semana, con dúas formas de ver a cultura e inclusive a política tan diferenciadas e antagónicas, debería xurdir unha terceira vía que serena os ánimos e nos mova á reflexión.
Non queriamos falar de Amadeo e Ángel ata saber que estaba ben e coas súas familias, pero o tempo pasa e eles siguen secuestrados por mercenarios extorsionadores.
E resulta que nin se anula a Feira de Abril nin ese contestatario Serán á Beira do Mar. ¿Qué pasaría se unha banda terrorista tivera secuestrados a Jesús Vázque Almuiña e a Rafa Lores? Por pór un exemplo. Esta fin de semana somentes poderiamos sair á rúa á manifestación convocada por todos os grupos políticos, falariamos nas rúas de que é unha salvaxada reter en contra da súa vontade a dúas persoas que nada fixeron para merecer tal tormento e moito menos as súas familias.
Pero claro, é que Amadeo e Ángel non son políticos, o secuestro é moi lonxe das portas das nosas casas e os secuestradores non son nacionalistas radicais. Pois nas casas das familias destes dous mariñeiros o drama é tan duro que en canto escoiten sevillanas ou gaiteiradas preguntaránse cómo pode haber alguén con ganas de festa cando hai dous baioneses que se están xogando a vida polo simple feito de estar a traballar. E logo dirán que o peixe anda caro.





























Baionés dixo
25 de abril del 2008 a las 11:13
Excelente entrada. Non hai nada mais por engadir.
Roberto dixo
25 de abril del 2008 a las 12:37
Certo é que o rebumbio cultural que se creou nestes días en Baiona por motivo da Feira de Abril, deixou nun segundo plano esta situación.
Somos moitos os que estamos a seguir minuto a minuto a evolución desta situación, o Portavoz Municipal do BNG, Xose Enrique Fernández xa se ten posto en contacto cos familiares e a Deputada no Congreso Olaia Fernández, ademáis de iniciar xestións no Congreso, tamén se ten posto en contacto cos familiares, para bridarlles toda a axuda que precisen.
No BNG xa tiñavamos pensado facer algún tipo de acto (Concentración, Manifestación,…) esta fin de semana, pero por expreso desexo dos familiares, que prefiren agardar a que pase o fin de semana non se fará nada.
Dende o BNG antetodo, o que queremos e respetar as decisións dos familiares. E non queremos facer nada sen ter antes o seu consentimento.
chuza.org dixo
26 de abril del 2008 a las 1:56
Dúas familias preocupadas e Baiona de festa…
Unha importante reflexión. Dous veciños de Baiona dentro do atuneiro Playa Bakio secuestrado por piratas somalís. E Baiona celebra tres días de festa da Feria de Abril.Que pasaría se unha coñecida banda terrorista secuestrase ao alcalde da vila o…
Pedro Telmo dixo
26 de abril del 2008 a las 2:03
A verdade é que me sinto avergoñado. O concello debeu suspender o acto en sinal de respeto e de apoio.
begoña dixo
26 de abril del 2008 a las 8:26
Son muller de mariñeiro.e non estou para gaitas nin castañuelas,hoxe foron eles mañan pode ser meu marido,sintome triste e defraudada con o meu povo,animo AMADEU E ANGEL ESTOU CON BOS
Baiona Consciente » Todos con Joaquín, Ricardo e os seus compañeiros dixo
5 de outubro del 2009 a las 11:05
[...] temos malas novas para os nosos mariñeiros. Joaquín Fernández e Ricardo Blach reviven as experiencias de Amadeo e Ángel por Abril do ano [...]
Baiona Consciente » Sin fisuras, todos cos tripulantes do Alakrana dixo
7 de novembro del 2009 a las 9:59
[...] Hoxe ás seis da tarde todos debemos estar en Vigo para apoiar aos tripulantes do Alakrana. A Festa da Lura cancelouse e non se repetirá o erro do ano pasado. [...]