Última hora - ¡¡Que comece a festa!!
Vía elcorreogallego.es acabamos de enterarnos de que os tripulantes do Playa de Bakio foron liberados e navegan por augas seguras.
Non se teñen datos seguros sobre o suceso pero todos os tripulantes están a salvo e seguros e non se produciu nengunha intervención militar.
En Baiona as sevillanas e muiñeiras poden tocar sen cargo de conciencia, ainda que a falta de sensibilidade dalgúns quedará na cabeza de moitos baioneses.
chúzame - 

Xa pola mañá tanto Luís O Caruncho coma Benito Lobariñas nas súas regueifas se lembraban do mariñeiros secuestrados. Pola tarde tralo coñecento da noticia, a ledicia nos abordou a todos e todos os grupos lle adicaron pezas os mariñeiros finalmente liberados.
Finalmente rematamos o día moi ledos por diversas razóns:
1º - A liberación dos nosos veciños.
2º - A grande afluencia de Gaiteiros e Pandereteiras.
3º - O ambiente festivo e de respeto que reinou durante toda a xornada.
4º - O apoio recivido por veciños,veciñas e visitantes da nosa vila pola iniciativa.
A verdade e que xa o Venres pola tarde nos dabamos por satifeitos, pola repercusión que a nosa iniciativa xerou, pero hoxe podemos decir que estamos todavía moito máis satisfeitos.
A presentación de Ximbaleu foi todo un éxito, agora queda moito camiño por percorrer.
Comentario por Roberto — 27 Abril 2008 @ 10:03