Tarde piaches
Un pouco a destempo se desmarca o PSOE da Feira de Abril, pero nunca é tarde si a opción é a correcta, pensarán aqueles que levan tempo criticando os tres días de fervor rocieiro.
O Goberno Municipal quédase só defendendo unha desproporcionada festa que somentes contentou ao grupo de danza que, presuntamente, solicitou a organización de tan magno evento.
Nós preguntámonos ¿si un grupo tradicional galego solicita a organización dun acto en Baiona, conseguiría o Concello unha carpa e organizaría tres días de romería?
A nadie se lle escapa que esta Feira de Abril se celebraba en Gondomar cando gobernaba o PP e que tamén se fixo en Pontecesures e algúns concellos máis gobernados polos populares. Se sumamos dous máis dous, danos catro, o miremos como o miremos.
Engadimos á ecuación o feito de que ser repartan 21.000 € entre TODOS os colectivos e asociacións culturais e deportivas de Baiona e o resultado é unha ausencia total de criterio ou política cultural por parte dos que nos gobernan.
Claro que si analizamos o curriculum da nosa querida concelleira de cultura, temos que concluir que a pobre aínda anda coa "L" ás costas e habería que darlle algo de tempo para que colla rodaxe. Humildemente dámoslle un consello, que colabore coas organizacións culturais de todas as parroquias e terá todo o traballo feito. ¿Sóalle á concelleira o concepto "Consello Sectorial da Cultura"?
chúzame - 

En Gondomar aínda foi peor aínda o agravio xa que, que eu saiba, non existe escola de flamenco algunha, as asociacións participantes eran de Vigo e arredores. Quen si estaba moi interesada era Rosita Cristaleiro, por certo, non andaría por Baiona tamén?
Comentario por Chínfano — 30 abril 2008 @ 17:04