¿Qué pasa co PXOM?
Finalmente o PSOE baionés tenta azuzar ao Goberno Municipal para que se molle co PXOM. No seu blogue colgaron un comunicado sobre o tema, dando o seu punto de vista. Desde que se presentou nada sabemos da opinión que ten o PP e o "outro" do texto presentado. Pode ser bo ou malo aos seus ollos, pero nadie coñece a súa postura.
Tampouco debe esquecer o PSOE que Política Territorial hai tempo que ten cumpridos os prazos legais para emitir informe sobre o mesmo e tampouco deron sinais de vida. Menos mal que temos a unha baionesa na Delegación Provincial, porque sinón a ver cándo ía sair o dictame preceptivo.
Moito tivemos falado sobre o xa aburrido tema do Plan Xeral. A primeiros de ano paralizouse a concesión de licencias, unha medida que pode ter lagoas legais, xa que realmente o documento técnico no está en fase de aprobación inicial e alguén podería considerarse agraviado. Con todo, xa estamos cáseque a mediados de ano e non se ten dado o paso definitivo de levar a aprobación a Pleno. 2.008 non será o ano de aprobación do Plan Xeral, lamentablemente.
Non haberá ingresos por licencias de obra, o Concello non recibirá a porcentaxe de terreo dotacional por urbanización e a porcentaxe para vivenda protexida non será efectiva. Moitos profesionais do sector: carpinteiros, albaneis, electricistas e demáis ven cómo o seu medio de vida fica paralizado por tempo indefinido. Esta riqueza de man de obra non terá máis remedio que emigrar a terras máis fértiles ou reconvertirse a marchas forzadas. ¿Non será ésa a verdadeira intención? Xa virán logo os amigos a colleitar en terra baleira.
Un novo acto de irresponsabilidade política, tanto do Goberno Municipal como da Xunta. Se para a aprobación do PXOM hai uns prazos legais, debería esixirse o cumprimento dos mesmos. Senón, aqueles responsables políticos deberían cesar das súas funcións por incompetentes ou, polo menos, estar suspendidos de soldo ata que fixeran a labor para a que foron elexidos. De seguro que con esta medida todo iría máis velozmente.
chúzame - 

O psoe que se deixe de caralladas e reclame dos seus compas da Xunta que expabilen e contesten os informes respetando os prazos.
No que se refire a postura do PP e mais do “outro”(me imaxino que vilar), non entendo a que vos referindes, e que a estas alturas ainda non vos dendes conta que o que temos enriba da mesa e a proposta de eles?, ou acaso alguen pensa que o equipo redactor e quen de decidir un campo de golf en baiona ou unha gran zoa hoteleira, ou que certas parcelas aparezcan descaradamente recalificadas, pero en que mundo vivimos.
O PXOU presentado é a proposta de este goberno, para este pobo.
Comentario por xocas — 21 Maio 2008 @ 23:02
La “carallada” en la que está el PSOE es en dar su opinión política sobre el documento presentado. Aprovecho el comentario para invitar a todo el mundo a entrar y participar en el blog que ha abierto el PSOE sobre el PXOM:
http://psdeg-psoe-baiona.blogspot.com/
Por otra parte, es el alcalde quien debe hacer las reclamaciones a la Xunta que estime oportuno ya que es el responsable del proceso (él envía el documento). El PSOE reclamó información puntual hace más de un mes y de momento lo único que hay al respecto es silencio.
Comentario por Diego — 22 Maio 2008 @ 8:42
Me parece moi ben que teñandes a vosa opinión politica,pero as cousiñas claras,o documento do PXOU foi enviado a Xunta,ésta pediu novos documentos, foron enviados e agora toca volver esperar, xa que teñen por costume esperar a que rematen os prazos e prolongar asi o tempo e a desesperación dos administrados, o cambio de goberno parece que non mudou as mañas dos funcionarios da administración autonómica por iso digo que deberiandes porlle as pilas os vosos xefes e decirlles que aqui necesitamos un novo Pxou nun tempo razonable.
Comentario por xocas — 22 Maio 2008 @ 23:02