Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » O cancro que non desaparece

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

Xoves, Maio 22, 2008

O cancro que non desaparece

drogasOnte poidemos ler na Voz de Galicia que un baionés foi condeado a tres anos de cárcere por tráfico de drogas. O eterno problema que destroza á xuventude. Non só polo consumo senón pola suxerente posibilidade de diñeiro rápido.

Normalmente o pequeno tráfico de drogas xurde como financiamento do propio consumo. ¿E que non podemos parar esta lacra de ningunha forma? ¿Non perdimos suficientes xeracións?

No seu día Érguete estaba a funcionar en Baiona, logo desapareceu e pareceu que o problema tamén. Foi un espellismo, porque o cambio produciuse nos consumidores. Agora o consumo de hachís e cocaina é unha moda social e os xóvenes teñen unha presión engadida: se non consumes non molas.

A única solución é a educación e a concienciación, pero si hai atrancos en iniciativas educativas, como no caso da xa famosa Educación para a Cidadanía, ¿cómo imos mudar a tendencia? Moitos calan por medo a molestar aos poderosos ou por vergoña a rescatar unha problemática que creiamos esquencida e desterrada do noso concello. Miramos para outro lado para non sentir remordementos. Entonces todos temos algo de culpa no que sucede.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 12:47  

3 Comentarios »

  1. Mientras se siga desterrando por principio la idea de que legalizar el consumo (es decir, ordenarlo por ley) ni se puede plantear, no habr’a aut’entica soluci’on al problema. Lo siento, pero el trapicheo es precisamente la consecuencia de esa encerrona en la que las gentes bienpensantes, como baionaconsciente en este caso, est’an metiendo a muchos. Y del trapicheo, a los grandes traficantes. Un abrazo

    Comentario por Pepe — 23 Maio 2008 @ 8:48

  2. Estou totalmente convencido de a única solución para erradicar a lacra da droga e todo o que conleva é legalizar o seu consumo. Deste xeito a droga deixaría de ser un grande aliciente económico para uns cantos.

    Non se insistiría tanto na súa venta, nen en conseguir adiptos.

    Reflexionade sériamente sobre isto.

    Comentario por pepe2 — 23 Maio 2008 @ 10:18

  3. É verdade que a legalización é unha posible solución que deberiamos considerar. Foi un erro non incluila dentro da posible solución, ainda que é un proceso inherente á concienciación.

    Nestres intres plantexar a legalización non atoparía máis que atrancos na sociedade en xeral, por iso cáseque ningún partido se manifesta abertamente a favor.

    Comentario por baionaconsciente — 23 Maio 2008 @ 18:57

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress