Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Gardería abandoada

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

xoves, maio 29, 2008

Gardería abandoada

garderia baionaO PSOE baionés denunciou estes días o estado de abandono do entorno da futura gardería municipal. Queda moi pouco para a súa inauguración, pero o entorno semella abandoado, ainda que a zona de aparcamentos recentemente foi asfaltada e pintadas as prazas de aparcamento, con varias prazas para minusválidos.

Igual esta última iniciativa se realizou máis pensando na reducción de zonas de aparcamiento para incentiva o uso dos aparcamentos soterrados, un vello costume moi de moda nos últimos tempos.

Sen dúbida o Goberno Municipal deberá acometer as obras de acondicionamento do entorno da Gardería antes da súa apertura como Galescola no vindeiro curso escolar, pero desde o PSOE se insiste no abandono, acertando en recoller a preocupacións dos pais que ven como ano a ano se retrasa unha obra que é fundamental para a conciliación  da vida familiar.

Todos agardamos que o 2008 sexa o ano da apertura da Galescola e que desde o Concello non nos veñan cun novo conto para xustificar o seu retraso. ¿Cál será a nova excusa?

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:50  

3 Comentarios »

  1. Esta reivindicación do PSOE de Baiona non deixa de ser máis que demagoxia barata.

    O PSOE de Baiona non ten outra cousa que facer e intenta buscar novas sensacionalistas o máis puero estilo prensa do corazón.

    Porqué non se adican a informar a cantidade de veciños e veciñas do noso concello que están preocupados pola modificación das súas condicións nos contratros da tarifa nocturna, e porqué non se adican a escalar esta preocupación os seus compañeiros do Ministerio de Industria.

    O PSOE de Baiona xa nos ten acostumados a súa política do corazón, coas súas portadas na prensa e os seus actos cheos de marketing, pero a realidade é que non fan nada de nada polo pobo de Baiona.

    Comentario por pepe2 — 29 maio 2008 @ 11:16

  2. Iso é o malo deste santo pobo, que vale todo como trasto para tirar á cabeza xa que nin uns nin outros debon conseguido unha guardería. A estas alturas da película, non coñezo pobo deste tamaño sin nengún tipo de solución para os cativos. E mentres, a única iniciativa privada que podía cubrir esa carencia, paralizada por problemas burocráticos e sen nengún tipo de axuda ou apoio. O millor tiñan medo de porse colorados, repito, uns, outros e nos que tragamos con todo.

    ¡¡ manda baiona!!

    Comentario por Manda Baiona — 29 maio 2008 @ 16:26

  3. A Xunta, de mans do BNG, por suposto, xa ten soiucionado o tema e asumnirá os custes de urbanización da zona.

    Hai que dar solucións e o BNG é o que fai.

    Comentario por Marcote — 3 xuño 2008 @ 10:08

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress