Movemento Veciñal (e 2)
Aló polo mes de Outubro pasado falabamos da cuestión do movemento veciñal, de cómo morreu en Sabarís e de cómo podería ser posible que a parroquia de Baiona non tivese Asociación de Veciños. A verdade é que vendo o caso de Vigo, igual algunhas das afirmacións expresadas en Outubro hoxe poden porse en dúbida, ou reafirmarse, se cabe.
O caso é que o Casco Vello veu á luz a primeira asociación veciñal fora das parroquias rurais. Sen tempo non era. E todo débese ás medidas correctoras que se están a aplicar antes da aprobación definitiva do PEPCHAB.Primeiro foi a prohibición de terrazas con publicidade, logo a eliminación da recollida do lixo e finalmente a gota que colmou o vaso: a restricción de acceso en coche.
Hai que asumir unha realidade e ésta é que o Casco Vello é Conxunto Histórico Artístico e iso supón unha especial protección. Non podemos concebir o seu entorno como o resto de Baiona e moitos conceptos deberán estar limitados. Empezando polos locais comerciais e rematando polo concepto urbanístico.
Mal que nos pese, o Casco Vello sufriu auténticas aberracións que xa non se poden solventar, pero iso non conleva que se siga polo mal camiño.
A Asociación Veciñal que xurde no Casco Vello semella que pretende que as cousas sigan coma antes e é un erro moi significativo. A política do "deixar facer" debería ter morrido nas pasadas Eleccións Municipais. A ala "chichista" quedou extinguida, lástima da "Vilarista" que aínda por riba colleu folgos coa errada estratexia dos grupos hexemónicos.
¿Cál sería un bo camiño para esta Asociación? Primeiro que non se deixen manipular por un ou por outros. Que miren con recelo a todos os políticos, porque á que se despisten faranse coas rendas da mesma e a empregarán para intereses pouco relacionados cos dos veciños do Casco Vello. Segundo, que en troques de non asumir as restriccións soliciten compensacións por estas molestias.
Xa que logo, se non se pode deixar o lixo ao pé das casas e dos restaurantes, haberá que regular unhas reduccións no imposto correspondente, haberá que estudar método alternativos, convocar un concurso de ideas, por exemplo. Se non se pode aumentar edificabilidade, haberá que solicitar axudas para a rehabilitación (cousa que xa se contempla á hora de incluir como Área de Rehabilitación Integral da Xunta), se os locais deben estandarizar os seus carteis e terrazas, a Concellería de Turismo ben podería subvencionar a compra deste material, mesmo acandando mellores prezos a través dun concurso público.
O inxenio é o mellor aliado do home, o enrocamento e o sectarismo somentes levan á guerra e agora que vivimos tan ben, ¿quén quere andar a pegar tiros e tirar bombas? Seguramente os promotores inmobiliarios, que así terían máis negocio, de novo.
chúzame - 

Non me gusta a xente que vai de apolitica, xa que ninguen e apolitico, outra cuestión e ser partidista, e polo que poiden comprobar, esta nova asociación esta arrancando con persoal do Psoe ou sexa que nin apolitica e ademais partidista, que non intenten engañar a xente, e bo ir con a verdade por diante que non pasa nada.
E dende logo non estou de acordo en volver os tempos de ver os camións do lixo polo casco, nin circular os vehiculos, nin consentir os alborotos dos bares-disco as 2,3,4,5e6 da mañan, ou as terrazas invadindo o 90 % das ruas, con todo isto animo e mans a obra.
Comentario por xocas — 4 Xuño 2008 @ 22:29