Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Cahiba

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

Xoves, Xuño 5, 2008

Cahiba

cahibaE con nome cáseque de puro habano, a primeira asociación veciñal do centro de Baiona nace ao fin.

Pretenden non ter ataduras políticas e ésa é unha boa pretensión. Non se trata de ser apolítico, máis si independente. A fórmula máis sinxela para iso é que a Directiva sexa heteroxénea e que se produza diálogo e debate interno.

Malo sería que a asociación nacese somentes para que os veciños do Casco Vello poidesen chegar ao pé das casas co seu coche ou que os pubs e bares sigan empregando a vía pública como extensións dos seus minúsculos locais sen licencia definitiva e abertos grazas á vista gorda do Concello. Hai que recordar aqueles funestos anos nos que, sendo Alcalde o (sempre no noso corazón) Señor Manuel Vilar, comezaron a precintarse locais.

Tempo haberá para seguirlle o paso a esta asociación. Veremos se se consolida ou se esvaece, como xa é tradición no noso concello con calqueira iniciativa asociativa. Hoxe preferimos falar un pouco do seu nome.

Está claro que non puxeron esta cuestión en mans dun publicista, pero a mente pensante que ideou o nome ben podería adicarse a outras cousas máis productivas. Da o nome pé a moita troula, pero o que máis nos choca é que en Baiona todo o mundo fala do Casco Vello e a asociación decídese por falar de Casco Histórico. Quizáis sexa para desmarcarse do de Vigo, ou porque a abreviatura non quedaría moi ben.

De todos os xeitos, desexámoslle mellor sorte nas próximas actuacións que na elección do nome.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 9:39  

Non hai comentarios »

Ainda non hai comentarios.

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress