Xardinería
Si de algo pode presumir Baiona é de ter unhas fermosas rotondas, cun fermoso traballo de xardinería. Pero o caso é que hai unha honrosas excepción, unha mancha no impoluto expediente das rotondas baionesas.
¿Qué ten a pobre rotonda que fica esquecida por todos os responsables de Medio Ambente do Concello? ¿Algún mal lle fixo ao concelleiro? ¿Son as herbas máis silvestres do normal? ¿Ou é que se trata dunha homenaxe ao silvestre? Quizáis sexa o último dos casos o máis probable, ou pode que a subvención para o obradoiro de emprego non chegase, logo de adicarse tanto ás da Avenida de Sabarís.
Todos sabemos que estamos a falar da rotonda de Sabarís que vai á praia da Ladeira e ao Camping. É a segunda rotonda no acceso principal a Baiona, da xente que vén do Val Miñor e de Vigo e a mensaxe que lanza é: En Baiona pasamos de todo. O problema pode ser de concepto e pode haber alguén que pense que realmente o acceso a Baiona é desde a saida da Autoestrada. Sería normal na mente dalguén que pensa que o que ten coche debe ter garaxe e sinón que non veña ou viva en Baiona. Non o sabemos e, probablemente, non o saberemos, porque semella que nadie do Goberno Municipal nos concede o enorme privilexio de lernos.
chúzame - 

As pedras hai que tiralas, pero hai que ter claro a quen.
Como todos saberedes esta rotonda foi feita pola Consellería de Política Territorial tralas riadas de Sabarís.
Esta obra sempre estivo no eixo da polémica e ainda que non se taña falado últimamente de elo todavía está sen solventar por parte de Politica Territorial.
O Concello con accede a recepción da obra namentres non se arranxe unha serie de cuestións que por certo se quedarón de arranxar cando visitou a obra a Sra. Caride (Conselleira).
Máis lonxe de solucionarse todo segue igual.
A responsabilidade de todo isto e de que a rotonda esté nesta situación ten un nome própio Isabel Dominguez a Sra. Delegada de Política Territorial e veciña do noso pobo.
A crítica é moi sana pero ten que focalizarse hacia o responsable e non hacia quen interese políticamente, por máis que nos pese.
Comentario por pepe2 — 12 xuño 2008 @ 8:29
Estimado pepe2, ábresnos os ollos e agora todo encaixa. Nembargantes, non nos gusta o tón do comentario, no sentido de que Baiona Consciente non é un partido político nen ten especial interese no triunfo electoral de uns ou outros.
Ademáis, descoñeciamos que fora cousa de Política Territorial, pero para iso está este blogue, para que todos podan opinar e debatir sobre os temas que afectan a Baiona.
De todos os xeitos, o noso punto de vista é que a excusa das compentencias xa cheira a podre. En Madrid vale para dar caña ao Goberno pero en Baiona sirve de excusa para ter unha rotonda en lamentables condicións.
Comentario por baionaconsciente — 12 xuño 2008 @ 16:32
Las competencias sobre el mantenimiento y ajardinamiento de TODAS las rotondas recae sobre el Ayuntamiento desde siempre. Que se conozca la Consellería no realiza ni labores de ajardinamiento ni de mantenimiento. No obstante, y debido al estado de abandono de dicha rotonda el PSOE en fechas pasadas se puso en contacto con la Consellería y se ha planteado un proyecto de embellecimiento de la rotonda de modo que “no” se precise mantenimiento posterior ya que la actitud negativa del Ayuntamiento con relación al mantenimiento de dicha rotonda parece bastante clara.
Comentario por Diego — 13 xuño 2008 @ 9:20
Non pensabamos que unha anotación sen importancia destapara un conflicto oculto á cidadanía. Con todo, que algunha das administracións tome cartas no asunto, porque é lamentable que a rotonda fique nesas condicións.
Comentario por baionaconsciente — 16 xuño 2008 @ 19:44
[...] Como dirían as personaxes da novela gráfica Roberto Alcázar e Pedrín. Por fín a rotonda do camping da Ladeira ten a ornamentación que merece e non presenta o aspecto desastroso que xa denunciáramos en Xuño. [...]
Aviso (Pingback) por Baiona Consciente » Albricias — 8 agosto 2008 @ 11:41
uns din estes, outros din aquelo ,e os mais tontos de todos somos os cidadans que estamos no medio, temos que pensar que agora estamos no 8 de agosto de 2008 e que se pensamos asi estaremos sempre no pasado miremos todos ao futuro e intentemos al menos coas criticas aprender todos e os que governen sexa quen sexa; que intente facelo con cordura e que sempre escoite que e moi importante para os cidadans. un saudo, e por suposto que vexan o ben de baiona .
Comentario por maria — 8 agosto 2008 @ 19:56