Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Campións anónimos

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

xoves, xuño 12, 2008

Campións anónimos

cb baionaNos primeiros días deste mes o equipo cadete femenino do clube de baloncesto Baiona gañou a Copa Galicia. O equipo cadete masculino tamén acadou o mesmo título, e ademáis a Liga D.V.B. e a Copa D.V.B., acabando a temporada sen unha soa derrota. Éstes son somentes uns poucos dos éxitos acadados pola entidade deportiva con maiores éxitos da historia de Baiona, salvo disposición en contrario dalgún dos nosos prezados visitantes.

¿Entonces porqué tan pouco apoio do Concello e dos baioneses? Semella que o deporte local converteuse nunha sorte de gardería na que os pais, ademáis, se desfogan gritando e tentando que os seus soños se fagan realidade na figura dos seus fillos. É certo, aquél que vai a un partido de baloncesto e non é pai ou nai dalgún dos xogadores é pouco menos que un bicho raro, ou un funcionario do Concello que viu abrir o pavillón.

Xa no debate dos Orzamentos Municipais abordáramos o tema das axudas aos clubes deportivos e o agravio comparativo co clube de fútbol Erizana. Xa é un tema vello todos os anos, pero que nunca se acaba de resolver. Será porque non hai afección agraviada.

Por outra banda, se temos unha Concelleira de Deportes, un xestor deportivo oculto baixo a figura do encargado do pavillón de deportes e un asesor deportivo (un posto de "confianza" co que houbo que pagar o pacto con Manolo Vilar), que menos que o deporte baionés triunfe. ¿Cándo o fará o equipo senior do Erizana? Como os socios andan en pelexas para ver quen chupa do cargo directivo, igual esas cousas son secundarias agora mesmo.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:05  

2 Comentarios »

  1. En Baiona só triunfa o futbol, despois o futbol e ademais o futbol o demais e porrelo, acordaros do que a concelleira fixo fai pouco ocupando con mais futbol o pavillon e mandando fora os recentes campions, ela e a que manda e gañan as eleccions.A foderse toca.

    Comentario por xocas — 12 xuño 2008 @ 23:03

  2. Que a xente sepa a realidade do Erizana.
    O Presuposto destinado a este clube ven dado,básicamente, polo mantemento do campo de fútbol de Val de Martín,que asume o Clube.Non só hai que dedicarse a corta-la herba,senón que tamén hai que botarlle abono,picalo e todo o que require un terreo destas características.Y iso son persoas encargadas para realizar estas labouras y isto son cartos,desgraciadamente.Se pode facer cargo a Concello de estas historias,e o Clube seguro que encantado da vida.
    Entrade en losdimitidos.blogspot.com e vos enteraredes das razóns polas que un grupo de ex-directivos queren”facerse” co Clube,como da a entender o Chúzame.Esta é xente comprometida co Clube na que ten os seus fillos.Se todos se comprometeran igual no resto dos clubes,seguro que cambiarían as cousas.Hai situacións nas que non se pode mirar para outro lado.Polos teus fillos.Por unha entidade.

    Comentario por falaquefala — 16 xuño 2008 @ 13:00

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress