Reflexións socialistas sobre o PXOM
O PSOE baionés vén de publicar un novo boletín, desta vez cáseque monotemático sobre o Plan Xeral presentado hai xa uns meses. Despáchanse a gusto coa proposta e nótase que teñen os deberes feitos, ainda que teñan algunhas inexactitudes.
Como nós non somos expertos na materia e non nos adicamos precisamente a bucear entre centros de datos estatísticos e urbanísticos, non podemos plasmar en números as conclusións de examinar un documento tan denso coma é o Plan Xeral, mais sí que podemos tirar conclusións dunha mirada máis xenérica. Por exemplo, o PSOE dí que en Baiña non haberá novos equipamentes, nembargantes nos planos obsérvanse tes zonas urbanizable delimitadas e polo menos outras tantas non delimitadas, sen contar as poucas Áreas de Reparto que se ubican na zona urbana de O Burgo. Por lei, estas zonas a urbanizar deben levar a correspondente cesión para equipamentos.
É certo que Baredo lévase a palma, ¿porqué?, pois porque se establece unha desproporcionada zona urbanizable delimitida para ubicar un campo de golf con vivendas ao seu redor, o que lle chaman un "resort", será porque hai dobre sorte, a dos propietarios dos terreos e as dos promotores de tan xenial e "innovadora" idea.
De todos os xeitos, o discurso socialista sobre o Plan Xeral é unha arma de dobre fío. Pode que a uns poucos nos guste esta mudanza de criterios (o anterior cabeza de listas era demasiado... impulsivo na súa concepción urbanística, pretendendo edificios de polo menos dúas alturas en toda a área urbanizable desde a Autoestrada ata a costa), a idea dun desenrolo moderado da construcción no noso concello e pensando nunha baiona para vivir e non para veranear e especular cun ben necesario.
Por outra banda, é maioría a que ten en propiedade ainda que sexa unha pequena leira e nadie quere que quede para pasto, canto máis se poda sacar por ela, mellor. Xa non hai quen as labre e mellor será que o político de turno deixe polo menos obrar ao neto, proque sinón non verá a seu voto na vida.
Éste é o eterno problema do urbanismo e nesta loita gañará quen sepa xogar mellor as súas cartas. Lamentablemente a demagoxía é o as na manga e semella que por ahí vai tira o noso Alcalde. Presenta un PXOM con excesivas zonas edificables, sobre todo no rural, para que a Xunta lle faga rectificar. ¿Quen será o malo da película?
O máius curioso dos argumentos que esgrime o PSOE baionés é que non hai valentía para apostar por un 40% de vivenda protexida, cando todo o mundo sabe que a idea da Consellería de Vivenda era dun 30% e tivo que rebaixala ao 20% en determinadas condicións e en núcleos de menos de 20.000 habitantes para satisfacer ás huestes municipalistas do PSOE na FEGAMP.Semella coma se no PSOE baionés escoitaran ruido de fondo (a demagoxia de Abel Caballero en Vigo) e quixeran apuntarse o tanto.
Non seremos nós quenes nos decantemos por un porcentaxe exacto, xa que o normal sería fixar uns criterios que argumentasen tal determinación, por exemplo que no documento de conclusións se plasmase a progresión de baioneses anotados no Rexistro Público de Demandantes de Vivenda. Servicat non nos dí en ningures este dato, xa que logo, ¿cómo poderemos saber se hai demanda ou non de vivenda protexida?, ¿e qué tipo de vivenda protexida?
Preferimos apostar pola mesura que pola demagoxia e cómpre explicar aos veciños en cánto repercutirá esa porcentaxe de vivenda protexida no precio final das súas fincas e solares.
chúzame - 

Cuando se habla de equipamientos se hace referencia a equipamientos del sistema general. Los cuales se recogen en la Página 43 de la “Estratexia de Actuación”.
Efectivamente, en Baiña están previstos equipamientos del sistema general (docente y asistencial) lo cual en el texto del boletín no se niega en ningún caso. En concreto, se hace una previsión de 1.989 m^2 (Apróx. 1 m^2/vecino) o lo que es lo mismo un 0,23% del total (redondeando 0%)
Un saludo,
Comentario por Diego — 16 xuño 2008 @ 22:29
DEREITO A EXISTIR
No comezo dos tempos un ser vivo existía na medida en que se podía distinguir do medio acuático que o rodeaba e se podía reproducir e relacionar co medio.
Do mesmo xeito, nós existimos como galegos, comunidade diferenciada (nación) na medida en que somos distintos do resto da especie humana que nos rodea. Nós, igual que aquela primeira célula primitiva (LUCA) só queremos seguir existindo: non ser materia, ser vida; non ser simples homo sapiens sapiens, ser galegos. É tanto o que pedimos?
Comentario por anxo — 16 xuño 2008 @ 22:32
Home, Diego, non é o mesmo o 0,23% que o 0%, por moito que na alimentación se empregue o mesmo truco.
Con todo, dubidamos que represente esa porcentaxe en termos absolutos, quer decir, pode representar o 0,23% do total, pero os servizos xerais enténdense para disfrute de todos os veciños, somentes os servizos locais se poden incluir como usos parroquiais.
Se eliminamos a barbaridade de Baredo, as porcentaxes mudan ostensiblemente.
Comentario por baionaconsciente — 17 xuño 2008 @ 11:04
Xa veredes como os argumentos de Isabel Dominguez van ser os mesmos que presentou o PSOE de Baiona cando se faga pública a postura de política Territorial.
Comentario por Xan — 18 xuño 2008 @ 20:44
Xan,
El informe de Política Territorial debe centrarse en el análisis del cumplimiento de la legislación actual por parte del PXOM, mientras que las notas que esta sacando el PSOE son, en gran parte, posturas políticas.
Un saludo,
Comentario por Diego — 19 xuño 2008 @ 10:16