Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Crecemento poboacional en Baiona

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

Martes, Xuño 17, 2008

Crecemento poboacional en Baiona

especulacionOutra das conclusións que sacou o PSOE baionés é que a previsión de crecemento poboacional presentado nos documentos do PXOM é desproporcionado, e acerta ao cento por cento. ¿Cómo podemos entender que a poboación de Baiona se duplique se a tendencia actual é que a xente moza se marcha do noso concello porque non teñen onde vivir?

O PXOM non establece un plan de apoio á vivenda residencial máis aló  de reservar un 30% de vivenda protexida, aínda que finalmente pode que baixe. Haberá que ler a nova Lei de Vivenda. A pregunta é ¿qué razóns ten alguén para vir ou quedarse a vivir en Baiona?

Ésa sería a pregunta que debería respostar o PXOM e presentar alternativas para facer unha Baiona cun tecido económico sustentable e xeradora de emprego. Aseverar que Baiona non precisa polígonos industriais porque xa os hai nos concellos cercanos é como decir que non precisa auga porque temos Zamáns en Vigo.

Por moitas vivendas protexidas que se contrúan en Baiona, se non hai postos de traballo, ningún dos nosos mozos se quedarán aquí e terán que marcharse irremediablemente a Salvaterra, Porriño, Barcelona, Madird ou Canarias, por pór uns exemplos típicos.

Xa que logo, Baiona medrará urbanísticamente na proporción presentada no PXOM, pero poboacionalmente descenderá en comparación con outros concellos cercanos. É o que ten facer un PLan Xeral pensando co peto e non coa cabeza.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 17:42  

6 Comentarios »

  1. Me parece que pones el dedo en una llaga cuando parafraseas “é como decir que (Baiona)non precisa auga porque temos Zamáns en Vigo”. Parece que muchos dan por supuesto que la cuestión del agua es algo de lo que mejor no hablar, y se olvidan de que cada vez es un problema mayor. ?Se da alguien cuenta de que todo el Valle Miñor mira a Zamáns como “su” solución? Nigrán, Gondomar, Baiona ?Oia? ?Hasta dónde? Y cuando se habla de otra presa en Baiona, saltan los plomos. Me alegro de que hayas sacado el tema … Un abrazo

    Comentario por Pepe — 18 Xuño 2008 @ 8:35

  2. Damos por suposto que porque aquí chove a mares nos sobra o auga. Falar dun segundo encoro dános un pouco de medo, porque se hai excedente igual nos xustifican con iso a instalación de dous campos de golf.

    Pensamos que o de Baredo igual pode pretender cubrir a demanda de auga aproveitando as augas depuradas da futura depuradora, o que quizáis sexa unha boa medida, pero, ¿queremos realmente un campo de golf en medio de Baredo e outro en medio do monte?

    Comentario por baionaconsciente — 18 Xuño 2008 @ 16:45

  3. Poucas teñen falado tan claro coma o BNG nestes asuntos dos se están comentando neste días no Blog.

    Fagamos un pouco de memoria e repasemos os programas electorais de uns e de outros, os únicos que falaban de crear un Parque industrial é o BNG (Recodordo como se nos tachou de locos na mesa redonda de Baiña) “Para que queremos un parque industrial si con de Nigrán xa sobra, total Baiona vive do Turismo”

    O BNG foi que dixo en máis de unha ocasión e diante de todos os afectados polas riadas de sabarís que a solución definitiva pasaba pola creción de un novo encoro no Rio Groba. Algún día se terá que facer, porqué non comezar canto antes? ¿Non tería que estar previsto no novo Plan Xeral?

    Por certo, cando pensa contestar Politica Territorial?, xa leva 6 meses e coidamos que xa tiveron tempo de sobra para poder estudialo.

    O PSOE de Baiona xa está quentando motores co Plan Xeral, posiblemente non falte moito para que se faga pública a postura, supostamente negativa, por parte de Politica Territorial.

    Esperaran a que pase o verán ou nolo soltarán nun par de semanas?

    Só eles o saben e nas súas máns está.

    Comentario por Roberto — 18 Xuño 2008 @ 20:42

  4. No me parece de recibo que digas que “Falar dun segundo encoro dános un pouco de medo, porque se hai excedente igual nos xustifican con iso a instalación de dous campos de golf”. No parece sino que estás defendiendo que lo bueno es que no haya excedente, no vaya a ser el demonio … No entiendo bien el planteamiento. ?Muerto el perro se acabó la rabia? Pero entonces lo mismo cabría decir de las carreteras, la luz eléctrica, el alcantarillado … No lo entiendo. Un abrazo

    Comentario por Pepe — 19 Xuño 2008 @ 8:31

  5. Esperemos que estos 6 meses le hayan sido suficientes al Ayuntamiento para remitir a la Administración toda la documentación requerida. Esperemos que cuando menos hayan tenido la gentileza de enviar la documentación que ocultan a los vecinos como, por ejemplo, el
    “Estudo de sustentabilidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico” (mencionado en el PXOM pero no publicado) que ya reclamó el PSdeG-PSOE de Baiona el pasado 10 de Abril.

    E

    Comentario por Diego — 19 Xuño 2008 @ 10:07

  6. Prezado Pepe, tes razón, pérdenos a precaución. É certo que o novo encoro parece que é necesario, pero avisamos xa que non debe ser un argumento para defender que Baiona se converta na nova Marbella ou Estepona. Sabemos quenes defenden un modelo e outro, somentes queda que toda Baiona o teña claro.

    Desgraciadamente, hai moita xente que ve con bos ollos instalar un campo de golf “porque todo o que sexa progreso…” é a vella defensa para as políticas faraónicas. ¿Porqué non se defende con tanto empeño, por exemplo, un pazo de congresos ou medidas que propicien a xeración de emprego?

    Comentario por baionaconsciente — 19 Xuño 2008 @ 16:34

Fonte RSS para os comentarios desta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress