Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » As illas roubadas

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

martes, xuño 24, 2008

As illas roubadas

illas cÃesNamentres a Xunta de Galicia celebra o traspaso de competencias no tocante á xestión das Illas Atlánticas e no veciño concello de Vigo se congratulan de que as "súas" illas se xestionen cada vez máis preto, en Baiona nadie recorda xa que as Cíes eran de Baiona, pero que un Rei castelán cedeu perante a cada vez máis puxante cidade olívica.

Efectivamente, as Cíes eran baionesas, pero Vigo protestou e o Rei de Castela cedeu á presión da burguesía, perdendo Baiona a titularidade histórica das illas que hoxe serían o principal atractivo turístico da nosa vila. Unha mostra máis de como se foi forxando a decadencia dunha Real Vila ata quedar como un pequeno pobo mariñeiro onde viñan os nobles ourensáns a tomar baños de algas.

Hoxe en día non cabe unha reclamación da titularidade, faltaría máis, pero cómpre que lembremos a nosa Historia e sepamos que Baiona foi noutro tempo unha Vila cun grande peso político e orgullosa do seu. Se acadasemos o mesmo nivel de orgullo nos nosos tempos xa sería un avance significativo.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 10:48  

1 Comentario »

  1. Casi que mellor sexa dos vijeses, non valla volver chicho e as venda a saber a quen.

    Comentario por xocas — 24 xuño 2008 @ 22:59

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress