Esta web apoia a Isaac Diaz Pardo Baiona Consciente » Folgas a distinto nivel

Baiona Consciente

Pretendemos crear consciencia política ao común da xente de Baiona - “Un blog que non é do BNG” S. Almuiña (Alcalde de Baiona)

luns, xullo 28, 2008

Folgas a distinto nivel

lixo en baionaMoito se ten falado da folga do lixo en Nigrán, deses infaustos dez días que fixeron que se retiraran as tres bandeiras azuis das súas prais. Os periódicos máis lidos no Val Miñor seguían día sí e día tamén os atrancos e incidencias da folga, ata a súa satisfactoria resolución. Tentados estivemos de ironizar co tema, pero xa era un xiro dramático empregado anteriormente e, ademáis, iamos errar soberanamente.

¿De qué estamos a falar? Pois de que nestes días os traballadores do lixo do Concello de Baiona estiveron de folga. Os medios non o reflexaron e os baioneses nin tan siquera notaron a diferenza. Estamos tan acostumbrados a un deficiente servizo de recollida do lixo e a que durante a época estival todo sufra saturación que nin tan siquera percibimos que se recollían o mínimo posible os resíduos que iamos deixando nos contenedores.

Parece ser que o conflicto resolveuse para ben das partes, as consecuencias supomos que as veremos na vindeira suba das tasas municipais, pero iso xa será unha historia futura que convenientemente debatiremos.

Chuzame! chúzame -
posted by baionaconsciente at 18:59  

6 Comentarios »

  1. Eu tamén vou a ir ao concello de Baiona a reclamar que medien para que suba o soldo meu xefe, xa que empresa privada onde traballo lle surte papel de oficina ao concello eu teño dereito a cobrar o mesmo que un funcionario do concello.

    O mundo ao revés.

    Comentario por Marco — 29 xullo 2008 @ 13:48

  2. marco fas moi ben por que no

    Comentario por maria — 29 xullo 2008 @ 14:00

  3. No caso de Baiona o servizo do lixo é público. Moito nos tememos que o que se pretende é sinalar o deficiente do servizo público para seguidamente privatizalo e, quen sabe, tirar unha boa comisión por elo.

    O que os nosos políticos non saben é que a maior incapacidade, máis concesións privadas de servizos.

    Comentario por baionaconsciente — 29 xullo 2008 @ 18:26

  4. Sería un tremendo erro privatizar a recollida do lixo en Baiona.

    Só temos que ver para Nigrán e Gondomar, ¿Canto lle custa o Concello a privatización?
    ¿Qué servizo teñen?
    ¿Canto págan os veciños?

    É lóxico que saia máis caro privatizado que non, xa que as empresas terán que ter uns beneficios, non?.

    Mirade o que está a ocorrer dende que se privatizou en Baiona a recollida selectiva do lixo e o punto limpo.

    Moito máis custoso para o Concello, menos servizos para os veciños/as que teñen menos días e horas para depositar o lixo no punto limpo.

    En fin, e que non damos aprendido. É certo que o home é o único animal que tropeza dúas veces na mesma pedra. Pero o dos Baioneses xa é de Record Guinness.

    Comentario por Xan — 29 xullo 2008 @ 18:39

  5. Privatizalo é a única forma de auditalo e controlalo. Todos sabemos a que ritmo traballan na administración porque saben que non hai ninguén que os controle.

    Comentario por Moncho — 31 xullo 2008 @ 11:30

  6. Unha solución intermedia sería unha empresa mixta, ¿non?. Claro que ás empresas públicas os sindicatos adoitan chamarlles “chiringuitos” porque poden posibilitar o enchufismo i evita o texemanexe dos encargados e delegados sindicais así como o pasotismo dos empregados.

    Comentario por baionaconsciente — 31 xullo 2008 @ 12:34

RSS semente para comentarios a esta anotación. TrackBack URI

Deixa un comentario

Xestionado con WordPress